Balonmano | Liga Asobal
Por unas felices fiestas
Traineras
Era o día marcado, a regata sinalada para pechar os títulos de Liga Galega pola dinámica da competición autonómica e así sucedeu. Tanto Chapela, en mulleres, como Ares, en homes, lograron onte unha nova vitoria e, con ela, aseguraron de xeito matemático a primeira posición no certame autonómico a falta da regata de peche, o Teresa Herrera do vindeiro sábado. Na Coruña quedará por resolverse a outra gran incógnita da tempada, o segundo posto masculino entre Chapela e Tirán Pereira. A tripulación ‘berete’ ten cinco puntos de renda e soamente unha actuación moi mala o sábado mudaría a xeral. O subcampionato leva aparellado disputar, xunto a Ares, ó ‘play-off’ de ascenso á ACT o 16 e 17 de setembro.
Onte, a Liga Galega A e a Feminina acudiron a Boiro para vivir unha dobre regata. A de mulleres, co nome de Bandeira Club de Empresas CRCC e con certa sorpresa. Non na primeira posición, que foi para Chapela, pero si na segunda porque Cesantes Amegrove, habitual bote neste posto, asinou a peor actuación do ano para marcharse ata a cuarta praza. Por pouco, pero así sucedeu.
No referente á vitoria parcial, Chapela gañou con moita claridade e realizouno dende o primeiro longo, xa que tomou a baliza inicial con máis de vinte segundos de renda. Por ese punto, Rianxo e Perillo estaban no tempo do barco de Cesantes para adiantar que era un día de loita pola segunda posición. Co paso dos metros, as remeiras ‘beretes’ ampliaron a renda e Perillo meteu a proa ós seus compañeiros de quenda. A situación consolidouse ata o final.
En homes, deuse o curioso feito de que a de onte foi a regata con máis diferenza entre os barcos cabeceiros de toda a tempada. Gañou Ares para pechar de xeito matemático o título cun adianto grande, de ata 21 segundos, sobre Tirán Pereira, que onte superou a Chapela na súa loita particular, pero precisaba meter barcos polo medio e non existiu esa opción. A “Arealonga” foi terceira e, salvo unha catástrofe o sábado na Coruña, estará na loita polo ascenso xunto á “Santa Olalla” de Ferrolterra.
Samertolameu rematou na sétima posición tras a mellor do ano, a quinta, obtida o sábado. O barco filial de Cabo da Cruz finalizou na oitava para mellorar postos e afastar a opción de perda de categoría.
Pola parte baixa da clasificación, onte pechouse a configuración do ‘play-off’ da Liga Galega, que se celebra o sábado e o domingo no contexto do Teresa Herrera, pero de xeito aparte. Nel estarán Narón e Cesantes procedentes da categoría A, mentres que Chapela B será o representante da segunda categoría. Está en xogo unha única praza na primeira categoría de Galicia e, en caso de gañar o bote ‘berete’, soamente ascende se tamén o fai o primeiro equipo á ACT.
Outro condicionante é que, co probable descenso de Bueu, debe producirse un ascenso das traiñeiras da Liga Galega á ACT (Ares ou Chapela) para que esta promoción da Liga Galega sirva para algo. En caso de non darse ningunha gañancia de categoría, o posto de promoción en Galicia quedará en nada. Son os detalles a ter en conta cando a competición depende de arrastres dunha división superior.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Balonmano | Liga Asobal
Por unas felices fiestas
Balonmano | División Oro
El Carballal busca en casa la tercera victoria de la temporada
Lo último