Balonmano | Liga Asobal
Por unas felices fiestas
Traiñeiras
Día chave na Liga Galega A na loita pola segunda posición, a gran incógnita no que queda de curso e que onte comezou a despexarse de xeito notable a favor de Chapela sobre Tirán Pereira. Foi unha tarde de trocos de vento en Muros que igualou as forzas entre as diferentes traiñeiras e tivo á “Mar do Con” como bote perdedor do día porque caeu ata a sexta posición, mentres que Chapela foi segunda. A falta de dúas regatas, a distancia entre ambos barcos xa é de seis puntos, algo complicado de remontar. Por diante, a “Santa Olalla" de Ares se proclamará gañadora da tempada hoxe en Boiro. Se asina, como pouco, o quinto posto, o título terá dono.
O vento decidiu estar cambiante onte o que sempre engade dificultades á navegación e, en función dos refachos, trocan as condicións. O contexto xeral é que a quenda intermedia estivo menos perxudicada que a de honra e iso provocou que as traiñeiras máis fortes deste nivel loitasen polos postos cabeceiros, algo que non sucedeu en toda a tempada.
O que non cambiou foi o mando de Ares, que acadou a primeira posición cunha clara renda de dez segundos sobre Chapela. Por detrás, Tirán Pereira non atopaba o ritmo e loitaba con Castropol. Pouco a pouco, a “Mar do Con” cedía esta batalla e, sobre todo, marcaba peores rexistros que Rianxo e Samertolameu, da quenda anterior. Quizais polo vento ou, simplemente, pola falta de folgos, a segunda metade da regata foi especialmente mala dos moañeses que asinaron a sexta praza a 22 segundos da vitoria. Agora, a distancia entre a “Arealonga” berete e o bote do Con está en seis puntos. Unha gran distancia a falta de dúas regatas puntuables na Liga Galega A. Unha hoxe en Boiro (12:00) e o vindeiro sábado no Teresa Herrera.
O premio do subcampionato é grande porque permite disputar ó ‘play-off’ de ascenso á Liga ACT, que, ó non poder loitar polo título, era o seguinte obxectivo para os remeiros adestrados por Juan Zunzunegui.
Na loita por evitar o descenso, Cesantes evitou a última posición, pero a penúltima praza por diante de Narón non lle serve para acercarse á permanencia. Hoxe certificará a presenza no ‘play-off’ para manterse. A outra praza está moi disputada, con catro traiñeiras nunha loita pechada.
A Liga Galega hoxe chega a Boiro e, ademais, da primeira categoría masculina, tamén haberá proba para a división feminina. Chapela busca unha nova vitoria e Cesantes Amegrove obter a segunda sorpresa da tempada.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Balonmano | Liga Asobal
Por unas felices fiestas
Balonmano | División Oro
El Carballal busca en casa la tercera victoria de la temporada
Lo último