Balonmano | Liga Asobal
Por unas felices fiestas
Balonmán
Estamos no mes de novembro e nun deses horarios que mistura o café co vermú. Por cousas da televisión no balonmán -e iso que non é fútbol-, o derbi galego celebrouse nese horario incómodo das 13:00 horas que racha a opción de facer unha papatoria anterior ou posterior ó encontro. E, tamén, como é tempada regular, o ambiente quedou a medio camiño entre as festividades de tarde con barra, empanadilla, empanada e bocadillos no tenderete exterior, e un día normal sen nada. Así había unha barra con cervexa baixo a carpa e as peticións de café e doces no interior. Funcionaron, máis ou menos, os dous elementos porque ata o recinto deportivo acercáronse uns 1.200 espectadores. As bancadas laterais estaban cheas e os fondos con algúns despistados.
Ó himno galego apareceu ó son das gaitas e con axuda para a letra no videomarcador, que non é sinxelo de seguir. Pero cantouse, igual timidamente, pero escoitouse ben e serviu como espertar para as afeccións. Ós dous lados da bancada contraria ó palco, estaban os ‘bombos’ coa xa histórica peña ‘O Inferno’ pola Guardés e, o recuncho local, repleto da rapazada das categorías inferiores. Axudaron algúns pais e existiu o ruído, o bo ambiente, o bo rollo.
Porque, todo é preciso de mencionar, o derbi galego é de ambiente amable, de amizade, de intercambiar opinións co opoñente, case de fraternidade. Igual é porque o encontro era de liga regular, pero parece estar a un par de partidos máis deste tipo de ir a unha viaxe xuntas as dúas afeccións.
Tamén pareceu no campo, co saúdo múltiple entre xogadoras ó comezo do partido. Poucas veces tan cariñoso. Despois, a batalla deportiva e nas bancadas, o sorteo de rifas, os aplausos, as fotografías finais e a celebración do Guardés co seu curruncho porque, ó final, o deporte para a afección ten que ser festa e felicidade. E para os perdedores, certa resignación, aínda que sen dramas. Un derbi tranquilo, amable.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Balonmano | Liga Asobal
Por unas felices fiestas
Balonmano | División Oro
El Carballal busca en casa la tercera victoria de la temporada
Lo último