BALONMANO
Doble refuerzo del Cangas en el extremo
Traiñeiras
Segunda regata da pretempada, a primeira do ano, e a realidade do remo galego parace que continúa igual que en 2023 e pasa polo mando claro de Cabo da Cruz que no Memorial Pepe O Ruso de Bueu obtivo a vitoria tanto na categoría masculina como na feminina. Non presentou a súa embarcación de veteranos e aproveitou Samertolameu para facerse coa primeira praza e amosar que este ano será unha tripulación de referencia nesta división.
Entre os homes sénior, o mando do barco de Boiro (20:20.40) resultou algo axustado porque Ares cruzou a liña de chegada a menos de dez segundos. Castropol foi terceira e Bueu, que esta tempada compite na liga ACT tras acadar o ascenso, asinou unha preocupante cuarta posición ó deixarse medio minuto cun barco co que compartirá máxima categoría.
Tirán Pereira e Chapela optaron por levar dúas traiñeiras sénior e de nivel equilibrado, de xeito que estiveron lonxe das primeras posicións. Queda tempo para definir o mellor equipo.
En mulleres, as remeiras de Boiro (23:16.92) arrasaron ó meter máis dun minuto ós seguintes barcos femininos. Especialmente alta foi a distancia con Tirán Pereira que, ó igual que o bote boirense, competirá na máxima categoría, a Liga Euskotren.
No referente ás traiñeiras que estarán na Liga Galega Feminina destacou Cesantes, cunha tripulación mixta con algún cadete, ante a ausencia de Chapela, gañadora en 2023. Tamén navegou o barco de Samertolameu, que volveu a xuntar unha tripulación, aínda que estivo na parte baixa.
Outra das principais novas da xornada tamén chegou dende o club moañés de Meira e foi nos veteranos porque obtiveron a vitoria nesta categoría por diante de Chapela, que foi sancionada con 10 segundos. Aínda así, a distancia entre os dous barcos foi de 11. Deste xeito, ‘Os Tercos’ amosan que serán unha das traiñeiras a seguir entre os maiores do remo galego, aínda que nesta categoría faltou Cabo da Cruz, que en 2023 foi superior ó resto de rivais. Redondeláns, moañeses e boirenses están chamados a marcar a pauta entre os veteranos.
O calendario de pretempada indica que o vindeiro sábado 27 de xaneiro dispútase a contrarreloxo de Cabo da Cruz. En febreiro está marcada unha regata en Ares e para o domingo 3 de marzo navegarán as traiñeiras na Ría de Vigo con motivo do Memorial Paco Fenosa de Chapela.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
BALONMANO
Doble refuerzo del Cangas en el extremo
Fútbol sala | Vigo Cup
Vigo 2015, Cios y Amor de Dios se postulan como favoritos
Fútbol | segunda federación
Cacharrón está a punto
Trial
Marcelli, doble plata