Balonmano | Liga Asobal
Por unas felices fiestas
Traiñeiras
É o campo de regatas de Cesantes famoso pola súa imprevisibilidade debido as súas condicións tan especiais no fondo da Ría de Vigo. Onte non foi excepción, cunha nortada de impresión e un formato de competición a seis longos con cinco ceavogas para que os barcos non tiveran que esquivar a illa de San Simón. Porén, non houbo sorpresa ningunha na Bandeira Concello de Redondela. Ares apañou a súa segunda vitoria consecutiva para refrendar o seu liderado e o seu favoritismo e Chapela conqueriu o primeiro triunfo na estrea dun curso que apunta a ser un paseo militar das remeiras beretes.
O bote chapeleiro arrasou ás súas rivais. Meteulle 50 segundos a Cesantes, que obtivo un moi bo segundo posto. A partires daí, o abismo: Rianxo entrou a minuto e medio e o resto de embarcacións a máis de dous minutos. A tripulación laranxa é moi superior ás demais e, se non acontece nada estrano, vai gañar todas as regatas da Liga.
O dominio de Ares na Liga A masculina non é tan apabullante, mais polo dagora suma dúas Bandeiras. Onte superou a Chapela e a Tirán, as aspirantes, separadas únicamente por un par de segundos. Meira foi sexta nun papel ben digno, todo o contrario que Cesantes, que non tirou partido da súa condición de local e rematou última.
Onte arrincou tamén a Liga B e Puebla sí que foi profeta nas súas augas. O bote barbanzano gañou a súa propia Bandeira e a filial de Chapela foi terceira.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Balonmano | Liga Asobal
Por unas felices fiestas
Balonmano | División Oro
El Carballal busca en casa la tercera victoria de la temporada
Lo último