Balonmano | Liga Asobal
Por unas felices fiestas
Traineras
Tiveron que pasar seis regatas e case un mes de competición para que unha das traiñeiras da Ría de Vigo acadese unha bandeira. Ata onte, Ares exercía unha auténtica ditadura na Liga Galega. Unhas veces con moita renda e outras, de xeito máis apurado, pero sempre na primeira posición ata que Chapela fíxose onte co triunfo na cita de Mugardos, na entrada da Ría de Ferrol e nun deses campos de regatas difíciles con ata cinco ceavogas ó que se engadiu que o formato foi en contrarreloxo pola mala disposición da balizaxe.
A regata resultou dura, de ata 22 minutos, polo vento e a corrente, e apaixonante porque os dous barcos cabeceiros, Chapela e Ares, mantivéronse igualados ata que no rego final sentenciou a traiñeira dirixida por Juan Zunzunegui. Cruzou a liña de mata con seis segundos sobre a tripulación herculina, mentres que Tirán asinou a terceira posición. E, deste xeito, a “Mar do Con” perde terreo na loita pola segunda praza da clasificación xeral. Buscará remontar hoxe na cita da súa casa (12:00, agalega.gal).
Samertolameu finalizou na sétimo posto e Cesantes evitou a última posición ó superar a Cabo da Cruz B, pero continúa como pechacancelas da táboa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Balonmano | Liga Asobal
Por unas felices fiestas
Balonmano | División Oro
El Carballal busca en casa la tercera victoria de la temporada
Lo último