Balonmano | Liga Asobal
Por unas felices fiestas
Atletismo
Berros de ledicia, berros de ánimo. Xira a cámara e o corredor de público é longo na meta de Baiona, lugar de felicidade, onde xa nada doe ou onte todo doe. A meta, o obxectivo, a satisfacción e o sufrimento… Mistúrase todo nos últimos metros da carreira e nos primeiros da recuperación. A serpente multicolor das míticas transmisións ciclistas en versión atlética, e os familiares e amigos nos laterais. E alí hai pancartas escritas por una nena para a súa nai, hai mozas esperando ó seu amado ou amada ou é a parella a que corre xunta para cruzar a liña de chegada.
Tamén existen historias familiares, como a dos portugueses Filomena Pintos e o seu fillo Gabriel Pasos que corren para “desfrutar do día, non para competir. É a miña forza”, expresa a nai antes de manifestar que “agora imos beber unha Estrella Galicia”.
Outra familia, aínda un pouco máis numerosa, é a composta por Loli García e Javier Álvarez Salgado e os seus fillos. Onte correron catro dos cinco que forman o núcleo como “reunión familiar un ano máis. E agora imos comer todos xuntos”, explica Loli García e Javier matiza que “gabarse non o fai ningún, vimos a divertirnos”. E así o fixeron, cunha fermosa fotografía familiar ó rematar a competición e moitas bromas unha vez pasada a liña de meta.
A Vig-Bay resultou masiva, con récord do evento, e tamén especialmente tranquila pese a que o sol comezou a apertar. Non obstante, apenas se rexistraron problemas de saúde. Foron atendidas tres persoas polo persoal sanitario e unha delas foi trasladada ó hospital, aínda que o seu estado era bo. Tratouse de precaución por un tema da tensión, pero saiu pouco despois.
Un pequeño susto, mínimo, entre as moitas boas novas da xornada nese ambiente especial que se forma na saída en Samil e na chegada de Baiona. Onde hai dúas carreiras: a oficial e a que viven as cafeterías da zona, que multiplican exponencialmente o ritmo da preparación do café dominical. As máquinas suaban máis que os atletas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Balonmano | Liga Asobal
Por unas felices fiestas
Balonmano | División Oro
El Carballal busca en casa la tercera victoria de la temporada
Lo último