Vela | Memorial Cholo Armada
Los Tábara confirman el dominio coruñés
Atletismo
A atleta francesa afincada en Ponteareas, Alice Finot, volve cambiar de adestrador e regresa ás ordes de Manu Martínez Ageitos, o que foi o seu preparador durante unha década ata poñerse en 2025 ás ordes do francés Philippe Dupont. O cambio foi co obxectivo de dar un paso adiante na súa carreira e achegarse ós ritmos das atletas africanas tras lograr a cuarta posición nos Xogos Olímpicos de París con récord de Europa.
Con todo, o curso pasado non puido estar ao nivel esperado e, en plena tempada, sufriu unha lesión de xemelgo. Debido a ela, optou por renunciar ao Mundial ó non estar no momento de forma que lle gustaría. Tras o ano, meditou sobre o futuro e decidiu regresar ao método de traballo que lle funcionou os anos anteriores baixo a tutela do vigués. En todo caso, é o único cambio de Finot porque sempre mantivo a base de adestramentos en Ponteareas, Vigo e Melgaço e xa nesta pretempada realizou un stage no Algarve.
A deportista gala obtivo onte a vitoria no 10K do Porriño nunha proba popular que xa utilizou noutros cursos como preparación. De feito, ao trazado louriñés acudiron un bo número de deportistas dirixidos por Manu Martínez Ageitos porque a data axuda e o trazado, marcado pola velocidade, serve para calibrar o estado de forma dos participantes.
Baixo a tutela do adestrador vigués, Alice Finot converteuse nunha das mellores atletas do mundo nos 3.000 obstáculos, ata o punto de facerse co ouro e co récord de Europa. Só as atletas africanas puideron batela nos grandes eventos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Vela | Memorial Cholo Armada
Los Tábara confirman el dominio coruñés
Fútbol | Tercera Federación
El Alondras encaja su tercera derrota seguida
Fútbol | Tercera Federación
El Gran Peña iguala en A Illa con un hombre menos