“Galicia ten que ser o punto de encontro entre américa e Europa, está no centro teatral”

FRAN NÚÑEZ Novo director do Centro Dramático Galego

Á volta do parón navideño, a Asociación Galega de Industrias Culturais (Agadic) anunciou ao vigués Fran Núñez como novo director do Centro Dramático Galego (CDG), quen tamén coordina o Salón Teatro. A súa candidatura foi a que maior puntuación obtivo nas tres fases do proceso selectivo. Xa instalado no seu despacho, recoñece en declaracións a Atlántico, afrontar esta nova etapa da súa vida “con ilusión e disfrutando moito da experiencia”.

ANA BAENA. VIGO
Publicado: 21 ene 2020 - 00:43 Actualizado: 21 ene 2020 - 00:43
Fran Núñez cumplíu os primeiros días ao fronte do CDG.
Fran Núñez cumplíu os primeiros días ao fronte do CDG.

Era como esperaba ou se ten atopado con algunha sorpresa?

Cada día descubro cousas novas, como en todo proxecto teatral. Estoy moi contento e con ánimo para enfrontar estos primeiros días no CDG.

Que lle levou a postularse para a dirección do Centro Dramático Galego?

Realmente creo na importancia do teatro público e do Centro Dramático como institución. Colaborei dende fóra (coas coproduccións 'Os catro da Xunqueira', 2009; 'Pangeia', 2014 e 'Se fosen turistas, levarían lentes de sol', 2019) e apetecíame facelo tamén dende dentro. Atópome nun momento profesional e artístico que podo resultar interesante.

Que lle ofrece o seu currículum ao Centro Dramático?

Unha visión mixta da parte artística como director e unha xestión económica a partir da miña formación.

En que diferencia unha compañía pública das privadas?

A principal diferencia está no interese, mentres nas privadas as accións están dirixidas a satisfacer os intereses particulares tanto artísticos como económicos, unha pública ten outros obxectivos dirixidos á comunidade para achegar o proxecto á sociedade, á marxe do parte económica.

A xestión do CDG estivo envolta en polémicas e debate. En que momento accede á dirección?

O CDG estivo, está e estará no centro do discurso da profesión. Esa presenza amosa a importancia que ten no sector. Hai que continuar no esforzo para ser un servizo público.

Que medidas van caracterizar a súa etapa ao fronte do Centro Dramático Galego?

O traballo pola dramaturxia galega e a creación galega, así como a súa internacionalización. Hai que reforzar Galicia como punto de encontro entre América e Europa. Estamos no centro dende o punto de vista teatral. Tamén temos que colocar como elemento principal ao espectador. Xa iniciamos unha rolda de contacto coas salas escénicas, xa que elas son a principal ponte cara ao público.

Baixo a súa coordinación está tamén un espazo, o Salón Teatro. Manteranse colaboracións con compañías privadas?

O Salón Teatro é onde estrea o Centro Dramático Galego, para despois saír de xira. Pero amais hai coproduccións con compañías privadas, residencias e haberá tamén outro tipo de relacións, xa que é moi positiva a colaboración entre o público e o privado. No diálogo enténdese o bo teatro.

No apoio ao teatro galego primarán os clásicos ou os dramaturgos contemporáneos?

Queremos recuperar os autores do patrimonio e prestarlles especial atención, pero tamén aos proxectos contemporáneos.

Cal vai ser a relación do Centro Dramático coa Escola Superior de Arte Dramática?

Estamos traballando coa Escola. Xa existía unha colaboración como o Proxecto Nós que recuperaremos. Sempre estamos abertos a traballar. O Centro Dramático é o punto de encontro entre a formación e os espazos de exhibición.

Contenido patrocinado

stats