Chus Pato: “A poesía viaxa moi ben, a desatención dalle liberdade”
vigo
Chus Pato, dende esta beira do océano Atlántico, foi con Rocío Cerón, dende a outra, a encargada de abrir o festival de poesía Kerouac en México. As poetas xa tiñan traballado xuntas en proxectos desenvolvidos dende o programa Bifronte de Cerón.
En colaboración coa Universidad Claustro Sor Juana, debatiron e intercalaron lecturas, acompañadas polas paisaxes sonoras de Fabián Ávila Elizalde. “Non sei o papel que xoga a poesía nestos novos tempos e novas tecnoloxía, pero eu xa teño participado en festivais virtuais en Colombia e México e resulta estrano non ter público, a lo menos temos ao resto dos compañeiros en pantalla”.
Pato recoñeceu a Atlántico antes da súa intervención que lle resultaba difícil valorar a actual situación. “Carece do calor humano e o contacto con outros poetas, pérdese todo o que transcurre ao redor dun festival presencial”. Pero considera que “en contra do que parece, a poesía viaxa moi ben, expándese, aínda que non saía en primeira plana, non somos habituais dos medios, pero esa desatención que sofre a poesía dalle liberdade, e precisamente por ese punto de rebeldía engancha ben coa mocidade”. Rexeita calquera vencello comercial do feito poético: “Non é unha industria, é o contrario a unha mercadoría”.
O Kerouac continúa hoxe, ás 20 horas, dende o Facebook cun encontro entre Marcos de la Fuente (Nova York) e Lara do Pazo (Marín) e outro propostas mexicanas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último