UNIVERSIDAD

Valedores universitarios galegos únense aos do Norte portugués

Os valedores reuníronse no edificio Miralles.
photo_camera Os valedores reuníronse no edificio Miralles.

 Os valedores universitarios das tres universidades galegas mantiveron o venres no campus de Vigo un encontro cos seus homólogos do norte de Portugal, os denominados provedores do estudante.

Considerando que existen importantes similitudes en relación á natureza e funcións dos seus respectivos órganos, aos que se lles encomenda a tarefa principal de defender e promover os dereitos e intereses lexítimos no ámbito universitario, e que todos forman parte da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, un espazo caracterizado por unha crecente cooperación, sobre todo no ámbito da educación universitaria, as/os participantes na reunión asinarán esta tarde un protocolo de colaboración no que se comprometen  a regularizar e dar continuidade no tempos as súas relacións, establecendo a obriga de realizar, cando menos, un encontro anual.


“Trátase de facilitar o coñecemento e a comunicación entre os/as provedores do estudante e os valedores/as universitarios da Eurorrexión, así como impulsar o intercambio de información e experiencias relacionadas co desempeño das funcións inherentes ao noso cargo”, explica Argimiro Rojo, presidente do Tribunal de Garantías da Universidade de Vigo e coordinador da Rede Iberoamericana de Defensorías Universitarias, Reduga, que asistiu ao encontro acompañado pola vicepresidenta do tribunal, a profesora da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais Coral del Río. Tras ser recibidos por parte da vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais, Mónica Valderrama, que os felicitou, arrancou a xuntanza.
 

Te puede interesar