Imprimir

Mil estudantes participarán no sexto concurso de robots

Atlántico | 15 de enero de 2020

A Escola de Industriais traballa no concurso de este ano.
A Escola de Industriais traballa no concurso de este ano.
nnn A competición de robots da Escola de Enxeñaría Industrial, que cada ano desde hai seis congrega centos de estudantes, incorporará este 2020 novidades, tanto na denominación das categorías nas que se desenvolve o concurso, como coa incorporación de novas probas. “Aínda que a competición mantén a súa esencia, sempre procuramos introducir algunha novidade nas dúas categorías que configuran o concurso e así estrearemos nomes que son propios e non de robots comerciais, de xeito que WAAL-e (para alumnado de ESO e Bacharelato) pasará a ser BE-ROBOT e R2D2 (para estudantado de graos e FP), DeMo-ROBOT”, detalla o director da EE Industrial, Juan Pardo sobre o concurso que se celebrará o 24 de abril. Mmáis de 4.000 estudantes ESO, Bacharelato, FP e universidade de toda Galicia tomaron parte nas cinco anteriores edicións. Este ano agárdanse cifras similares aos dos dous últimos anos, nos que se acadaron os 1000 participantes e os 171 equipos, o tope permitido. O prazo de inscrición remata o 30 de xaneiro.n
 
Puede ver este artículo en la siguitente dirección https://www.atlantico.net/articulo/universidad/mil-estudantes-participaran-sexto-concurso-robots/20200115231922752001.html


© 2020 Atlántico

© Rías Baixas Comunicación, S.A.

Contenidos con licencia Creative Commons