O PSdG pechou o curso político en Salvaterra
O secretario xeral do PSdeG-PSOE destacou que os próximos meses serán fundamentais para seguir reforzando a presenza do partido na provincia
A folla de ruta para encarar o intenso traballo de preparación da cita electoral nos concellos foi o principal obxectivo da reunión da Executiva Provincial do PSdeG-PSOE que lidera o secretario xeral, David Regades, e que se celebrou en Salvaterra de Miño, encontro que tamén serviu para facer balance do traballo desenvolvido durante os últimos meses.
O secretario xeral asegurou que o Partido Socialista na provincia afronta esta nova etapa “con optimismo, con ilusión e coa seguridade de que o seu partido chega á cita electoral cun proxecto sólido, equipos preparados e unha organización cada vez máis forte e implantada en todo o territorio”. Destacou que os próximos meses serán fundamentais para seguir reforzando a presenza do partido na provincia, escoitando á veciñanza, construíndo unha alternativa sólida desde cada concello e coa confianza de "recuperar a Deputación de Pontevedra para poñela, de novo, ao servizo de todos os concellos da provincia”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar