Unha viaxe para gozar e para descubrir o país
Os seguidores do Celta, uns 700, acudiron ata Zagreb para vivir unha tarde máxica de fútbol no medio duns días de vacacións balcánicas con escala
Poucos desprazamentos sairán mellor que o vivido onte en Zagreb para a afección do Celta. Soamente algúns románticos desexarían un horario máis tardío para gozar un pouco máis da festa previa porque a xornada na cidade croata resultou de dez, case deseñada por un artesán. Claro que a iso axudou a goleada asinada polo equipo vigués, que quitou calquera opción de desgusto. Todo foi celebración, ledicia, celtismo, felicidade entre cántigas.
Ben é certo que non se escoitaron como outras veces porque a afección local do Dinamo non parou de alentar no vetusto Stadion Maksimir. Incluso co marcador en contra de 0-3. Os visitantes gozaron cada gol e viviron unha segunda metade plena de celebración co traballo feito. Alí, en Zagreb, reuníronse moitos celestes procedentes de Vigo e arredores, que chegaron por diversos lugares e sempre con escala -para outros tempos quedou o avión privado- nun día de partido e de vacacións.
Porque as testemuñas falaban máis diso, duns días de turismo co Celta como argumentación ou escusa. Tras o sorteo da Liga Europa, había pouco tempo para deseñar o desprazamento ata Sttutgart, pero outra cousa xa foi a Zagreb. Uns comentaban que levaban dende o luns por Europa adiante, outros que chegaron o martes e algún máis que volverá o sábado. “Moi fermosa a cidade, pero algo vella”, indicaba un celtista na radio a pé de campo, uns minutos antes de comezar o enfrontamento. Non obstante, o antigo ten o seu encanto, como o propio Stadion Maksimir. Unha bancada baleira e as outras esperando o novo campo, que está en construción. Igual mellor así porque na particular viaxe turística, estaba o histórico campo. Foi parte central.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último