O Concello de Vigo admite oito propostas para a reforma da grada de Gol

As obras está previsto que se inicien en xaneiro e a inversión prevista para reforma elévase ata os 26.304.618€

O alcalde calcula o peche da grada de Gol para as obras en febreiro.
O alcalde calcula o peche da grada de Gol para as obras en febreiro.

A Xunta de Goberno Local de onte aprobou a licitación para a execución das tarefas de coordinación de seguridade e saúde das obras da grada de Gol no estadio de Balaídos, cun importe de 181.283€. O rexedor informou que o pasado xoves reuniuse a mesa de contratación para a reforma, admitindo oito licitadores. “Estamos construíndo un dos mellores e máis importantes estadios do fútbol do mundo”, destacou o alcalde, Abel Caballero.

Os oito licitadores presentaron a documentación administrativa correcta. Procedeuse á apertura do sobre coas propostas técnicas e remitíronse á concellería de Fomento para realizar o informe técnico das mesmas. “A inversión prevista para a grada de Gol elévase ata os 26.304.618€”, para que a nova grada sexa “practicamente unha réplica de Marcador Centenario”, logrando unha imaxe uniforme.

O alcalde apuntou que esta tramitación é parte integral da obra e recalcou que a mesa está “indo en tempo e forma”. O cálculo do inicio da obra é finais de xaneiro.

Contenido patrocinado

stats