A visita máis agardada
O Celta pasou polo Álvaro Cunqueiro na actividade anual na que compartiron momentos con nenos e maiores para “axudar no que poidamos”, explicou o cancerbeiro Iván Villar
Por un día, os corredores do Hospital Álvaro Cunqueiro, pasaron a ter un notable balbordo. A expedición do Celta acudiu ó centro hospitalario para compartir cos nenos e tamén con algúns maiores que atravesan días difíciles. Os pequenos recibiron varios balóns que foron asinados polos xogadores, entre eles, Iago Aspas. Un notable recordo para os tempos complicados.
“Dentro do que está na nosa man, queremos axudar. Sabemos que están nun momento difícil e, polo menos, queremos sacar un sorriso para que o poidan pasar mellor os pacientes”, expresou o cancerbeiro do Celta, Iván Villar. Resultou un momento emotivo, como sucede cada ano coa visita. “É a máis esperada do ano”, afirmou Germán Arteta, da Fundación Celta. Un momento, que todos recordarán e, dentro do aspecto médico, Elva Iglesias, a coordinadora de Gardas de Vigo, expresou que “unha xornada así é un estímulo positivo”.
O grupo foi extenso porque así o require un acto deste nivel. Pouco a pouco, os xogadores foron paseando polos diferentes recunchos do centro hospitalario e por varias habitacións para compartir bromas con varios vellos celtistas e con moitos nenos, entre eles, unha adolescente plena de ilusión ou un cativo con algo de vergoña que deu un pase a Hugo Álvarez, pero despois xa non quixo dar o segundo. A responsabilidade coa cámara diante pesou, pero seguro que lembrarán moito tempo o día cos xogadores do Celta e, por suposto, quedará co balón de recordo.
En moitas ocasións, o celtismo vai en pequenas cousas e algunhas delas está con acudir ó lado dos que peor o pasan aínda que sexa unha vez o ano. Quizais, deberían repetirse actos deste tipo con maior frecuencia porque é espallar amor pola entidade e, sobre todo, unha notable labor social. Houbo sorrisos en momentos malos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar