Taxis

Publicado: 07 oct 2025 - 03:30

Penso que os taxis, como servizo público, foron creados para axudar á xente, non as pantallas ou aplicacións; ou apps. Centrar a solución ao problema do taxi en Vigo a través dunha aplicación seguro que é unha das mellores maneiras de apoiar o goberno de EEUU a que se fagan co a xestión do transporte público para persoas en vehículos pequenos en Vigo; a través de Google, e a súa filial, Uber, por suposto.

¿Alguén pensa que os cartos do mundo do taxi en Vigo chegan como para competir no desenvolvemento dunha aplicación cunha das maiores multinacionais tecnolóxicas?

Non obstante, se, como cidade, consideramos que o servizo público de taxi xa non ten sentido, sería mellor preparar os nosos queridos taxistas para enviar os seus currículos a Google para que poidan traballar directamente para Uber".

Manuel Ángel Fernández (Vigo)

Contenido patrocinado

stats