Atlántico
Paseo do Lagares
A recente sentenza sobre o suceso acontecido na praia ceutí de Tarajal (madrugada do 6 de febrero de 2014) que provocou a morte de 15 inmigrantes subsaharianos, resulta descorazonadora dende unha perspectiva de humanidade e sentido común.
Non eran persoas violentas nin empregaron a violencia. Recurrir a medios violentos (emprego de material antidisturbios de botes de fume e balas de goma engadíndolle a problemática de desenrolarse nun medio marino) para evitar que entraran en territorio español, resulta difícil de comprender.
Non se trata de criminalizar a actuación da garda civil. Posiblemente foi (ainda que non existe unha norma que regule a utilización de material antidisturbios nun medio acuático) unha actuación legalmente correcta. O problema emerxe cando a les e o resultado da súa interpretación é non só incorrecto senón, e sobre todo, inhumano.
Os responsables políticos que crean as leis si son responsables das súas consecuencias. E os xuices ademáis da súa interpretación. Se nos referimos a vidas humanas (da o mesmo cantas ou cales) independientemente de que sexan ou non da propia nacionalidade, esa responsabilidade é máxima. O deber de protexer as fronteiras non pode estar por riba do deber de protexer as vidas humanas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Remo | Bandera Teresa Herrera
Tirán suma dos segundas plazas en A Coruña
Traineras | Liga ACT
Zarautz hiere a Chapela
Juegos Mediterráneos
Manu Rivas acaba cuarto en K2 y Carulla cae en dobles mixto
Ciclismo | Gran Premio Cidade de Vigo
Cambareri y Hernández ganan bajo la lluvia