non se convocan este ano os cursos celga?

Publicado: 20 mar 2015 - 01:14 Actualizado: 20 mar 2015 - 01:14

Xa estamos chegando a finais do mes de marzo e nada se sabe dos exames e dos cursos de galego (Celga) que ano tras ano se viñan realizando en todas as capitais e en moitos dos concellos de todas as provincias.

Como ben é sabido, o ano pasado o profesorado dos cursos de galego foi despedido pola Xunta na súa totalidade. Despois de demandar, a xustiza estalle a dar a razón ao profesorado, declarando que o seu foi un despedimento nulo e ordenando a súa readmisión; incluso o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nas sentenzas que leva ditadas ata o de agora, obriga a Xunta de Galicia a readmitir numerosos docentes.

Logo, cal é o motivo polo que os cidadáns (e sobre todo os/as desempregados/as) non contemos este ano con esta formación nin coas probas conducentes ao certificado Celga que a maioría da xente precisa para poder acceder a un posto de traballo?

É xusto que a Xunta, e máis concretamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística, deixe de ofrecer esta formación e a posibilidade de sacar o Celga a tanta xente interesada en obtelo?

Contenido patrocinado

stats