“ Luís o Canón ” Esmoleiro... pícaro

Publicado: 27 nov 2021 - 20:28 Actualizado: 27 nov 2021 - 20:34

nnn Sempre estaba na porta da Igrexa de Aldán , á saída das misas , alí pedía esmola ,iso si antes rezaba un pai noso e moi ás carreiras segundo quen fose a persoa á que ía pedir ,coñecía a todo o mundo da parroquia de Aldán ao igual de case toda a xente da península do Morrazo , e cando non lle daban nada , esta frase repetíaa unha e outra vez , acha vai “ Un padre nuestro po carallo” ( textualmente ).

Naquel entón eu tería sobre seis ou sete anos , eran tempos duros aínda recordo á maioría dos meus curmáns os cales vivían a nosa Avoa , do mesmo xeito que eu mentres, a miña nai o mesmo ca moitas mozas de Aldán , traballaba na fábrica de “Conservas Chamadoira” situada en pleno peirao de Aldán , e alí deixábame todos os días ás 8 da mañá , xunto con todos os fillos e fillas de tódolos irmáns e irmás , é dicir as miñas , curmáns e curmás , así era a casa da miña Avoa María Dolores , coñocida como “A Dolorosa ” ( D.E. P)unha gardería .

Seguindo co tema de Sr Luís o Canón , dicir que sabía buscarse a vida , ía andando a todos os sitios , segundo cóntame a xente que máis o coñecía , nunha ocasión aínda durante a Guerra Civil , dedicábase a traer a prensa ,e ía vendendo polo camiño de volta a Aldán , onde vivía debaixo dunha gran laxe en forma de cova , para vender cando miraba á xente nas leiras traballando , dicía afundiron o Canarías , aínda que no era certo ( Na guerra civil estivo cos sublevados , era un cruceiro pesado da mariña española) e a xente que estaba a traballar no campo , ía correndo a mercar o xornal , xa que moita tiña no devandito buque algún que outro fillo , sobriño , mesmo o seu marido , nalgunhas ocasións.

Este home faleceu pouco antes 1970 , con todo deixou pegada na no Morrazo , hoxe en día podemos ver en moitos bares da zona de Aldán , a súa imaxe , en todas está sempre á beira de barrís de viño , non é de estrañar xa que alí onde había algunha persoa que ía a embotellar , ofrecíase voluntario , do mesmo xeito que cando chegaba o Cañeiro , que facía o augardente para toda a parroquia , normalmente a finais de Setembro principios de Outubro ; mentres se facíaa augardente , as castañas asábanse co mesmo lume que quentaba a pota , de onde sairía o mellor , e só se facía

“ Branco ou de Herbas ”, tan especial que tiñamos e temos , na península do Morrazo.

Contenido patrocinado

stats