Atlántico
Gaza: ¿Olvidada?
Cústame crelo e, desde logo, en torno ao Día das Letras Galegas si poderían ter vendido bastantes exemplares. Pero, aínda que non fose demasiado rendible vender libros en galego, que ben quedaban adicándolle ao galego aínda que só fose un pequeno estante, pois sería unha mostra de sensibilidade e de respecto pola nosa cultura. E, posto que si anuncian produtos alimentarios galegos, haberá que recordarlles que non só de pan de Cea vive o home. O lema Galicia calidade triunfou, pero paréceme que só no relativo aos produtos do bo comer e do bo beber, non aos culturais. Porén, é moi satisfactorio coñecermos algo e defendermos o noso en todos os eidos: idioma, cultura, economía, política ou... deporte; sen fanatismos, pero tamén sen complexos; pois se ben temos carencias, tamén temos as nosas virtudes, logros e potencialidades. Se Carrefour non apoia a cultura galega, nós si a debemos apoiar. E, afortunadamente, hai xente capacitada que o fai moi ben ao respecto, difundíndoa ou enriquecéndoa acotío. Acheguémonos aos bos, que algo sempre se pega.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Menú de Navidad
Pescados y mariscos, a precios de récord en las plazas viguesas
Condado/Paradanta
El arte urbano cambia la estética del IES de Salvaterra