Enrique Diz.

Publicado: 28 ago 2015 - 12:25

Ás oito e media da mañá deixei o coche aparcado para dirixirme ao meu traballo. E non sei o motivo nin o porqué, pero un algo descoñecido fixo que caera na conta e prestara atención a todos os que se cruzaban polo meu andar. E caín na conta. De verdade. Palabra. Trece camiñantes. Os trece primeiros. Dá igual se o impulso que se axitaba dentro de cada un pertencía a el ou a ela. Tanto ten. O primeiro de todos conducindo e co móbil na orella. Fixeime ben porque non me permitiu cruzar nun paso de peóns. E a partir de aí o resto. Uns camiñando e trapalleando no aparello. E outros falando con vai ti saber quen. Non minto. É a verdade. Despois do trece, dese número tan encantador por maldito, non fun capaz de facer outra cousa máis que botarme a correr, pois estaba convencido de que a fin do mundo estaba piques de engulirme.

Contenido patrocinado

stats