O código de circulación maltrata aos peóns

Publicado: 11 ago 2026 - 01:15
Opinión.
Opinión. | Atlántico

Teño dous amigos con mobilidade reducida que, cada un deles ten que desprazarse todos os días a un lugar que dista uns VINTE metros da súa casa, pero que o código de circulación lles obriga a percorrer máis de CENTO CINCUENTA metros. Non o fan; cruzan polo medio. Para min que non incumpren a norma: están a loitar polos dereitos dos peóns.

Tódolos día vexo moita xente que cruza sen respectar as normas, simplemente porque NON PASAN COCHES. Pode ser porque teñan présa, queiran fuxir do sol ou da choiva, ou simplemente por non dar un rodeo. E non entendo por que non esta permitido; fáiseme totalmente absurdo. Semella que esas normas están só para maltratar aos peóns. E os concellos axudan poñendo valados ou xardineiras.

Hai pouco escoitei ao director xeral de tráfico laiarse de que Galicia é a comunidade con maior número de atropelos e de mortes por esa causa. E dixo que había que facer algo. Tremo.

Proposta:

- Se o semáforo está en verde para os coches: prioridade aos coches; pero

- Se non hai semáforo ou non está en verde para os coches, prioridade aos peóns en TODA a rúa.

Íñigo Brasa Sanjurjo, profesor de matemáticas xubilado

Contenido patrocinado

stats