Atlántico
Gaza: ¿Olvidada?
Moitas veces, os 'diseños de despacho' conlevan o rechazo e a oposición dos veciños non por sistema senón porque a realidade demostra que o que se está facendo non é serio, non está dacordo ca práctica e experiencia diaria dos usuarios, e pouco tempo despois, entre arranxos e melloras, fan que as obras se disparen económicamente.
O trazado deste vial que corre maioritariamente paralelamente ca estrada PO-552, en moitos puntos, o petril de cemento instalado de +/- UN (1) METRO, convírtese nunha pantalla que impide contemplar as vistas oceánicas a quenes circulan en vehículo pola zona e o mesmo tempo, nún muro de contención de tódala basura, follas e ramaxe que o vento leva hacia as leiras da banda do mar, o que acorta o espacio dispoñible, e é un elemento de risco cando se molla ou se descompón, fundamentalmente para peóns e ciclistas.
Hai que ter en conta que nalgúns puntos, como é o caso das Mariñas, pero que da o mesmo xa que se repite en moitos outros lugares, os accesos as vivendas é en pendiente que se sigue mantendo cas obras levadas a cabo, polo que se crean dous ou maís problemas, por un lado, os vehículos para saír a estrada, teñen que incorporarse co motor o máximo de potencia e 'invadir' polo menos a metade do carril para quedar nivelados e con 'cero' visibilidade. (ainda non se inagurou a obra e xa ten habido algún percance, por sorte, sen gravedade, pero o susto foi bó)
Sen entrar a valorar o custo da obra ?nos momentos actuais de crise, seguramente sería máis útil a inversión noutras intervencións na nosa comarca- sería bó saber cantos empregados foron sacados da bolsa de parados do Baixo Miño e Val Miñor.
Os durmintes instalados no chán para 'marcar o 'carril' poden ser unha arma grave cando algún ciclista queira esquivar calquer obstáculo.
Sería interesante saber as 'preferencias de circulación': os que veñen de Baiona? Os que van hacia as terras de Erizana ou os peregrinos que están facendo o Camiño de Santiago pola Costa? Tendo en conta que unha boa parte do séu trazado é por espacio rural, ¿Os agricultores que van as leiras e levan animais de carga, tamén poden usalo? ¿E os veciños que por deporte, saúde ou aficción, camiñan tódolos días dende A Guarda a Oia, que vial poden usar? As persoas que recollen argazo, ¿por donde o poden acercar a estrada? Hai moitas preguntas e moi poucas respostas.
Sobre estas obras, poderíamos extendenos todo canto quixeramos si transcribiramos o que dín os veciños e usuarios, pero creemos que o maior problema, é o dos accesos a moitas vivendas, leiras ou matos. Iso sí que é de 'empirismo puro e duro' Dín que unha imaxe ?sería mellor poder plasmar a experiencia sobre o terreo de quen a diseñou ou de quen a permite- dí máis que mil palabras, pero si recorrelo nalgúns tramos en bici é unha epopeia, saír dalgunhas vivendas, ou acceder as leiras, é toda unha aventura con final incerto, diante da cegueira en que se atopa ?mellor dito a mirada o ceo, pro si chega ou manda a alguén nesa dirección- é escalofriante.
De todo o exporto anteriormente, algúen ten que ser responsable, non pode ser que nos concellos afectados os concelleiros e/ou alcaldes den a calada por esposta ou remitan aos séus administrados a outras instancias 'superiores' e logo noutros momentos dalen de que representan ao pobo.
Cos desniveis que ten a estrada, diante dúns muros cegos, ¿ninguén pensou por donde vai correr a auga que baixa do monte, arrastrando todo tipo de material?
Os que inspeccionan a obra, poderían detectar, que nalgún punto, os bolardos de sinalización, no cruce dalgún camiño que vai para os campos, xa está machacado polo 'topetazo' dalgún coche.
Nalgunhas rampas de incorporación a estrada 552, é tan patética a mala calidade do formigón, que o mesmo paso de vehículos o está rompendo, ¡e iso que o botaron a eito, sin emparexalo! Da outra maneira xa hubera rachado os poucos días.
Por todo o exporto, dende CONVERXENCIA GALEGA, vimos a solicitar das Administracións Locais e Autonómicas para que revisen e tomen as medidas tendentes a arranxar a gran cantidade de deficiencias que se atopan o longo do recorrido do Carril-Bici que se está facendo dende A Guarda ata Baiona, denantes de que acontezan problemas e accidentes.
Contenido patrocinado
También te puede interesar