Atlántico
Gaza: ¿Olvidada?
Sr. Carlos Aymerich, eu son do BNG, e simpatizante da UPG, vostede que quere combatir a UPG, si necesidade. Cando di: "la gente ya está harta de debatir en el BNG", que pretende con isto, sacarme a voz, a amizade, o compañeirismo, a camaradería. Non quererá romper o Bloque Nacionalista Galego, como xa pretendeu na asamblea de Amio do ano 2012. Váiase, non lle faga máis dano o povo galego.
Eu como simpatizante da UPG, e militante do BNG, dígolle que o Bloque nunca estuvo tan unido como eiquí e agora. Xa comenta a prensa Terra e Tempo a súa complexidade patriótica dos irmáns e das irmáns galegos/as. Váiase e, como vostede algúns máis que comparten a súa ideoloxía moderada fora do contesto galego.
Xa non vive como unha persoa colonizada da nosa Terra, pero iso sí, sea comprensivo coa Patria, é non faga dano. Na asamblea próxima do BNG terá en conta que o Bloque vai sair mais unido que nunca, como xa está agora, e con pretensión eleitoral e de masas. Gobenar na "autonomía" galega tamén e un reto para nós. O obxectivo: facerlle frente o PP, romper a súa rede caciquil. E o PSOE facelo asumir posturas nacionalistas. Nos sabemos que o PSOE, e un partido español, pero o PP, goberna con zapatos de máis caciqueo.
P.D.: Non esqueza nunca que o Bloque é un frente político, con diversas formas de pensar, pero nacionalistas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar