14 ago 2016
Trump desencadeado
Os talibáns eran un pobo amable que xogaba a unha especie de polo pero no canto de darlle á pelota cun pao subidos a un cabalo loitaban por unha cabra. Os talibáns e os americanos, non só eran amigos, senón que eran aliados en Afganistán fronte a un inimigo común: a U.R.S.S.
31 jul 2016
As novas regras do xogo
Propoño un xogo. A ver se adiviñan quen dixo isto. Dou unha pista…os dous foron presidentes dos Estados Unidos e ambos textos son respostas á seguinte pregunta: "Creen que os fillos de inmigrantes ilegais no Estado de Texas deberían ser escolarizados gratis ao igual que os nenos americanos?" Imos aló.
29 may 2016
Trump, Hillary e Eurovision 2016
As primarias americanas son "Eurovisión 2016": un grande espectáculo televisivo do que ninguén coñece as regras de votación. Cando vives este proceso desde dentro -as primarias digo- xa ves cousas de partida que son unha auténtica tolemia, e créanme que só citarei algúns exemplos.
5 ene 2014
Cómo sobrevivir en Times Square en Fin de Ano
Eu estiven alí. Xa o podo decir: 'Estiven en fin de ano en Times Square'. Unha desas cabezas que vían nas imaxes da tele era a miña. Unhas imaxes que viron, por certo, 1.000 millóns de persoas en todo o globo. Por facer unha comparanza o Mundial de España en Suráfrica chegou a 700 millóns de persoas e foi un fito da historia da televisión. Digo isto para que se vaian poñendo en situación.