Xornal Escolar

CPI Cova Terreña, 45 anos axudando a formar persoas

O alumnado do CPI Cova Terreña no magosto escolar.
photo_camera O alumnado do CPI Cova Terreña no magosto escolar.

O  Centro Público  Integrado  Cova Terreña de Baiona  imparte o segundo ciclo de Educación
 Infantil, Educación Primaria e Educación 
Secundaria, atendendo ao alumnado dende os tres anos aos deceseis anos.

O Centro Público Integrado de Cova Terreña está situado no núcleo urbano do Concello de Baiona, un centro educativo público que imparte o 2º ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria, incluíndo, polo tanto, toda a formación obrigatoria no mesmo espazo educativo, atendendo ao alumnado dende os 3 aos 16 anos. A súa situación céntrica facilita o traxecto ao mesmo andando, dispondo dunha liña de transporte para o alumnado procedente de Belesar na etapa de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). As unidades de Educación Infantil están situadas nun edificio independente, dentro do recinto escolar, no que contan, a parte das aulas cos seus correspondentes aseos, con dous patios, un cuberto e outro descuberto, sala de profesorado e unha aula específica para o traballo cos especialistas do Departamento de Orientación: Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe. As etapas de Primaria e Secundaria comparten a construción principal. Este edificio conta, ademais das aulas de impartición de clase, con biblioteca, pertencendo ao Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares dende hai anos, laboratorio, ximnasio, comedor escolar, salón de actos, departamentos didácticos, sala do profesorado, despachos do equipo directivo, conserxería, salas de acción titorial, así como diferentes aulas específicas: Música, Informática, Plástica, Tecnoloxía, aula Polivalente, aula de Convivencia e aulas de apoio.  O espazo de recreo é amplo, abarcando toda a contorna do edificio e incluíndo diferentes zonas de xogos e pista deportiva, ademais dun pavillón e dous patios cubertos. O horario do centro é de xornada continua de luns a venres. Nas etapas de Infantil e Primaria abrangue dende as 8:50 horas  ata as 13:50 horas, cun recreo de 11:40 horas a 12:10h. Na etapa da ESO o horario é de 8:30 horas ata as 14:00 horas  e os luns pola tarde dende as 16:10 horas ata as 17:50 horas. O centro conta con servizo de comedor escolar cun local habilitado dende o curso 2016/2017 e xestionado pola ANPA. 
A partires das 15:50 horas inícianse actividades extraescolares organizadas pola ANPA e o Concello de Baiona: robótica, baile, ximnasia acrobática, inglés, intelixencia emocional, Multideporte, Tenis, Baloncesto, etc.

Te puede interesar