Rande conquista a banda deseñada

Unha páxina do cómic “A batalla de Rande”, onde David Braña e Pablo Prado traballan xuntos por primeira vez.
photo_camera Unha páxina do cómic “A batalla de Rande”, onde David Braña e Pablo Prado traballan xuntos por primeira vez.
David Braña e Pablo Prado asina o libro ilustrado que leva o episodio bélico da Ría á lenguaxe das viñetas

“A batalla de Rande”, de Galaxia (a versión en castelán en Cascaborra) ven de saír do prelo. A publicación de David Braña e Pablo Prado leva á banda deseñada o episodio bélico máis internacional sucedido na Ría, aínda que cun enfoque máis amplo. “Semellaba interesante vencellar ao Vigo actual coa imaxe de Jules Verne co pasado pola narración dunha nai ao seu fillo”, afirma Braña. 

Amais dos escenarios históricos, tamén se inclúen lugares reconocibles como As Avenidas coa escultura de José Molares ou o centro de interpretación Meirande, lugar ao que acudiu o autor para ter un primeiro encontro cos feitos. “Esta idea xurdiu de improvisto, aínda que a editorial ten unha listaxe con episodios históricos para levar a viñetas, neste caso propúxeno eu porque me parecía interesante e un suceso achegado”. 

Cos feitos históricos, a trama narra a sorte de dous irmáns que viven na vila. “Neste tipo de proxectos, ao autor apetécelle pór a súa dose de creatividade, non só cinguirse á crónica, permitiume tamén incluír o punto de vista popular sobre a batalla”. 

O autor do texto tiña moi claro con que quería a Pablo Prado para ilustrar o seu guion. “Tentei diferenciar co nivel de cor e cos deseños dous personaxes aos xenerais que decidiron a morte de moita xente, elixindo un estilo cartoon, máis caricaturesco, fronte a outro máis naturista para as personaxes do pobo e para un dous oficiais que amosou algo de humanidade”, afirmou Prado, quen viu no proxecto un gran reto. “Saín dá miña zona de confort, non é unha temática que aborde, pero conquerín levala ao meu terreo; motivoume para indagar sobre a historia da miña zona, gustoume a lectura antibelicista e que estivese contado dende ou punto de vista dunha muller”. 

Para Prado, o traballo con Braña foi interesente porque “escribe de xeito moi visual, é moi versátil, os poucos apuntamentos que fixen tomaron forma de xeito moi natural”. Recoñece non ser un autor moi de acción, polo que destaca deste proxecto “a súa capacidade de conectar co emocional, a proposta trascende á batalla”. Viaxa hoxe con Braña á Feira do Cómic de Barcelona para presentar o seu traballo, nunha promoción que con varias datas en Galicia.

Te puede interesar