Pontón sinala que Vigo anticipou o futuro co BNG de alternativa ao PP

Ana Pontón, con Xabier Igrexas, concelleiro do BNG e os oito deputados electos pola circunscripción de Pontevedra, tres deles vigueses: Alexandra Fernández, Carmela González e Brais Ruanova (na fileira de diante).
photo_camera Ana Pontón, con Xabier Igrexas, concelleiro do BNG e os oito deputados electos pola circunscripción de Pontevedra, tres deles vigueses: Alexandra Fernández, Carmela González e Brais Ruanova (na fileira de diante).
A voceira nacionalista acompañou aos deputados electos do Bloque pola cidade e adiantou as primeiras medidas a tomar 

“Grazas polo apoio espectacular nestas eleccións autonómicas, un 37% dos votos en Vigo foron para o BNG, case catro de cada dez votantes; Vigo anticipouse ao futuro ao lograr consolidar ao Bloque como a alternativa ao PP”. Con estas palabras compareceu Ana Pontón, a voceira nacional do Bloque Nacionalista Galega, nunha comparecencia pública na cidade onte, ao que afirmou acudir cun dobre motivo: “Primeiro, agradecer a confianza e segundo, comprometer o noso claro compromiso na defensa dos intereses da cidade”. 

Así, indicou que a primeira medida que tomará no Parlamento relacionada con  Vigo estará relacionada co alugueiro social. Puntualizou que o acceso á vivenda enfróntase a un dobre problema, a subida dos prezos, máis dun 50%, e un gran número de demandantes locais, o 40% de toda Galicia. “O primeiro que imos facer é reclamar que o 50% das vivendas na nova fase de Navia sexan construídas pola Xunta para destinalas ao alugueiro social, serán 800 pisos que terían un impacto positivo na situación actual”. 

Con todo, Pontón afirmou que tamén levan na axenda para o novo curso político o desemprego, o transporte, incluíndo a conexión con Portugal ou a defensa da sanidade pública, “xa que esta cidade foi a zona cero dos recortes e das privatizacións”, afirmou.

Nas eleccións autonómicas do 18-F, o BNG rexistrou os seus mellores resultados históricos en toda Galicia, pasando dos 19 representantes aos 25 e converténdose por primeira vez na forza máis votada na urbe viguesa, con perto de 57.000 papeletas. “Este liderazgo incrementa a ilusión nas  bases para seguir traballando en positivo por Vigo”. Pontón acudiu acompañada polo voceiro municipal Xabier Pérez Igrexas, e polos oito escaños obtivos na circunscrición de Pontevedra. Tres dos saídos desta lista son vigueses: Alexandra Fernández, Carmela González e Brais Ruanova, este último que se incorpora a representación local. “Esta confianza ten un gran valor político e nós imos a estar á altura, o PP faría ben tomar nota, xa que a cidadanía está cansa dun Goberno que non escoita aos que non pensan igual; Vigo reclama un trato xusto e solucións aos seus problemas; seremos a súa voz no Parlamento”.

Pérez Igrexas, quen exerceu de anfitrión, valorou os resultados dos comicios autonómicos como “un grande fito histórico e contundente” e confirmou que os tres deputados vigueses “farán valer os intereses da cidade”. Afirmou que en Vigo “derrotamos ao PP, os vigueses dixeron non ás políticas de castigo da Xunta, que  ben faría tomando nota”. O voceiro municipal amosouse convencido de que é o primeiro paso “para que ese cambio galego se faga realidade”, indicou.

Te puede interesar