Xabier Pérez Igrexas: “No BNG non temos teito nin en Galicia nin en Vigo. É histórico”

Xabier Pérez Igrexas.
photo_camera Xabier Pérez Igrexas.
O portavoz do BNG no Concello de Vigo analiza os resultados das eleccións galegas 

O BNG foi o partido gañador das eleccións galegas do 18F en Vigo con 56.820 votos, o 37%. O portavoz municipal analiza os resultados inéditos.

Pódese facer unha traslación ao Concello de Vigo?

Onte demos un salto de xigante na cidade, facéndonos primeira forza en Vigo. Case 6 de cada 10 viguesas e vigueses dixeron que non ás políticas de abandono, castigo e maltrato do PP nos últimos 15 anos na Xunta. A nivel local é evidente que os resultados non son extrapolables, pero permiten tirar algunas conclusións. O resultado tamén foi a derrota da inercia. Vigo non quere máis do mesmo e o BNG case que duplica os resultados do candidato fake Abel Caballero, que decidíu protagonizar a campaña na cidade. Onte lembraba as declaracións de Abel Caballero nas que lle decía a Ana Pontón que me desautorizase como portavoz municipal. Pois é claro a quen desautorizaron onte. Este resultado verifica que o BNG non temos teito nin en Galicia nin en Vigo. É histórico.

Non é extrapolable pero o escenario é diferente.

Saímos tremendamente fortalecidos. Por primeria vez imos ter tres deputadas e deputados da cidade no Parlamento (Alexandra Fernández, Carmela González e Brais Ruanova) que tamén van a permitir intensificar o inmenso e continuado traballo que estes anos xa estivemos a facer para defender os intereses da cidade. Con toda a humildade, creo que no BNG si de algo podemos gabarnos é que defendemos o mesmo en Vigo, en Santiago, en Madrid ou en Bruxelas.

Será posible manter esta subida en Vigo?

Nós recollemos o enorme impulso deste resultado, que vai permitir intensificar aínda máis o traballo. Este resultado é o principio da confirmación de que a alternativa política en Vigo é o BNG.

 Tiñan idea de que esto podería pasar?

Vivimos unha campaña moi intensa, fixemos unha campaña de intensidade propia de municipais. É unha decisión que creo moi acertada porque tiñamos a certeza de que Vigo podía ser motor do cambio en Galiza, de que nos xogabamos moito como cidade e como país. Foi un dioivo de simpatía, de adhesión, de apoio e percibimos de maneira clara a partir do ecuador da campaña que o horizonte de conseguirmos este logro histórico, de termos o mellor resultado de todas as cidades, era unha posibilidade real. 

Pero non foi suficiente para dar o cambio na Xunta.

Temos una sensación agridoce, pero o país está nas mellores condicións que nunca tivemos para facer avanzar esa alternativa. Tamén moi evidente que polo BNG non foi. 

Por que se produce este fenómeno en Vigo?

Responde á cultura da cidade. O que máis me orgulla de ser vigués é o carácter da cidade. Somos unha cidade combativa, inconformista, que non se somete. Que ten sido motor de moitos cambios. Esa enerxía que pode que non se entenda de todo dende fóra configura este carácter da cidade e o que explica a potencia da mensaxe que onte se expresou unas urnas.

Te puede interesar