Marta Villar, Abel Tomé e Raquel Fernández, novos Premios Xerais
A entrega dos galardóns, dotados con 10.000 euros, será o 26 de outubro no Museo do Mar cos libros xa editados
Un thriller rural, un drama de instituto e unha historia de solidariedade entre migrantes, asinados por Marta Villar, Raquel Fernández e Abel Tomé son as tramas que lograron facerse cos Premios Xerais 2024. A xornalista Marta Villar (Malpica de Bergantiños, 1973) asina a gañadora na categoría de novela ao que se presentou baixo o alcume Detectiva Ferruchi.
A súa historia está protagonizado por unha patronista de Inditex que decide volver a súa vila natal e poñer unha libraría. Alí vese envolta nunha investigación do asasinato do veterinario. “Aproveito ese fío para desenvolver personaxes secundarios, baseados en xente que coñezo e quero, reivindico aos traballadores, para min a conciencia de clase é moi importante”, afirma Villar, que recolle vivenzas reais das mulleres cooperativistas do textil que contribuiron a botar a andar o emporio galego. Pero tamén, como a mesma autora recoñece, é un recoñecemento aos diferentes. “Eu teño algo de friki”. Denomina a súa obra como “moi galega, identifícase no tipo de vida, pero sobre todo nos personaxes e no humor, é unha novela de humor”. Con esta traballo “recupera” a persoas anómimas “marabillosas coas que me atopo e das que non podo escribir como xornalista por falta de tempo".
A chef Raquel Fernández (Nigrán, 1972) métese na pel de Isma, un adolescente con TDAH, en “I’m Obélix”, con que gañou o Jules Verne. “Levo máis dunha década convivindo con adolescentes, os meus fillos lévanse sete anos entre eles, para min é un reto e un gusto chegar ata eles a través da literatura. O xurado destacou a capacidade de incluir referentes da mocidade, algo que según a autora foi doado, “estou moi documentada e cando tiña dúbidas so tiña que preguntar ao meu fillo”. Compaxina as súas dúas paixóns, a cociña e a literatura, con normalidade “as dúas son actividades creativas”. Quere por o foco nos problemas que xera o déficit de atención, “na miña investigación puiden comprobar que está moi relacionado co acoso escolar, gustaríame contribuir a erradicalos”, apunta.
Finalmente, o tamén xornalista Abel Tomé (Outes, 1984) logrou o Premio Merlín, tras quedar finalista en 2022. Cun inicio na novela negra, se coñece que lle custou da o paso a literatura infantil. “Estaba afeito a un xénero escuro e ao meu propio enfado e pasar a unha literatura máis alegre, disfruto moito, lembro a miña nenez e tiña moita capacidade creativa”. Tomé presenta unha historia cargada de mensaxes, onde un rapaz que vive nun edificio chego de fendas, únese para arranxala a outros migrantes que chegaron buscando unha vida mellor. “É unha canto á paz, a cordialidade e a tolerancia dende a perspectiva infantil máis lóxica”.
Os galardóns entregaranse o 26 de outubro no Museo do Mar nunha edición aos que se presentaron 103 orixinais.
Contenido patrocinado
También te puede interesar