María Xosé Queizán recibe o premio Laxeiro 2024

Abel Caballero, María Xosé Queizán e Carmela Silva, onte durante a entrega do premio Laxeiro 2024.
photo_camera Abel Caballero, María Xosé Queizán e Carmela Silva, onte durante a entrega do premio Laxeiro 2024.

A escritora viguesa foi galardonada onte no Museo Quiñones de León pola súa trayectoria e dedicación á cultura galega

O premio Laxeiro foi a parar neste 2024 ás mans da escritora viguesa María Xosé Queizán, que recibiu o galardón onte no Museo Quiñones de León. A traxectoria de Queixán e a súa achega á cultura galega non se detivo tan só na escritura, senón tamén continuou en iniciativas teatrais e de reivindicación feminista en épocas temperás. Unha escritora multidisciplinar que chegou a ser vicepresidenta no Consello Municipal da Muller do concello de Vigo. “Laxeiro foi amigo meu, aínda conservo no meu salón o retrato que me fixo. Coñézoo desde que era pequena e paseamos moito os dous xuntos”, sinalou Queizán, visiblemente emocionada. “Pódese dicir que eramos íntimos amigos, e por iso hoxe (por onte) é un día moi especial para min”, resaltou a escritora. 

No acto estivo presente o neto de Francisco Laxeiro e presidente da súa fundación, Carlos García-Suárez, que relatou os detalles polos cales Queizán foi galardoada: “Un labor continuado no tempo, unha evidente liberdade creativa e de pensamento. Isto fai que esta axitadora cultural sexa un exemplo para a cultura galega”. 

A concelleira Carmela Silva valorou a forza dunha muller que “usou a palabra e a escritura como elemento de rebeldía, para alzar a voz contra os opresores”. O alcalde Abel Caballero entregou o premio á escritora e resaltou o seu compromiso firme no enriquecemento da literatura galega pero “cunha actitude profundamente contemporánea”, con iniciativas como a revista “Festa dá Palabra Silenciada” e diversos proxectos teatrais pioneiros no seu momento.

Te puede interesar