vigo

O Instituto de Estudios medra con 9 membros de número

A cerimonia de ingreso do IEV tivo lugar no Antigo Reitorado.
photo_camera A cerimonia de ingreso do IEV tivo lugar no Antigo Reitorado.

O IEV celebrou o acto de ingreso no Antigo Reitorado, onde foron recibidos polo secretario Antonio Giráldez Lomba, encargado de ler a benvida oficial

Antonio Vaamonde Liste; Beatriz Bruna Quintas; Beatriz M. de San Ildefonso Rodríguez; Jorge Lamas Dono; José Luis Mateo Álvarez; José Ramón Cabanelas Comesaña; Manuel Bragado Rodríguez; María Dolores Elena Durán Rodríguez e Carlos Núñez Rodríguez Le Vieux xa forman parte do Instituto de Estudos Vigueses. Onte tivo lugar unha sobria ceremonia no salón municipal do Antigo Reitorado, en Areal. Quedaba así oficializada unha colaboración xa existen. Carlos Núñez (pai do gaiteiro) tomou a palabra en nome do novos membros de número para agradecer o recebemento e facerse partícipe dos obxectivos da institución, que vela pola memoria histórica da cidade e a bisbarra, así como a recuperación e a posta en valor do seu patrimonio, así como temas de actualidade.
O encargado de darlles a benvida e ofrecerse a traballar xuntos foi o secretario do Instituto, Antonio Giráldez Lomba. Así, as áreas nas que os novos membros de número poden aportar coñecementos son Xeografía e Historia; Arqueoloxía e Etnoloxía; Toponimia, Filoloxía e Literatura; Arte, Arquitectura e Urbanismo; Economía; Filatelia. Numismática e Diplomática; Ciencias Xurídicas e Sociais; Ciencias Físico-Naturais. Turismo e Deporte.
Os nove novas incorporacións súmanse aos 18 membros numerarios e aos membros fundacionais (dende o 13 de maio de 1991)que trala morte de Lalo Vázquez Gil, cronista oficial da cidade, quedaron en oito.

Te puede interesar