O líder socialista visitou as instalacións da editorial Galaxia polo 70 anivesario do selo
nnn A editorial Galaxia recibíu onte a visita do secretario xeral do PSdeG, o vigués Gonzalo Caballero, quen quixo coñecer de primeira man a situación da industria editorial galega e, nomeadamente a do selo vigués que neste ano conmemora o seu 70 aniversario.
Amais de Gonzalo Caballero, acudiron, Olga Alonso e Ángeles Marra, deputadas no Congreso; Leticia Gallego, deputada no Parlamento de Galicia, e Abel Losada, concelleiro de Cultura vigués. Foron recibidos polo director xeral da editorial, Francisco Castro e por Xavier Martínez Cobas, conselleiro delegado.
Co gallo desta xuntanza, Caballero esixíu ao Goberno galego un novo compromiso co sector: “Galicia necesita cultura, e os e as socialistas imos ser aliados fiables e leais”, remarcou.
Destacou “a traxectoria e o compromiso coas letras e coa cultura galega” de Galaxia, o líder do PSdeG evidenciou que o eido público é “o escenario dende onde se debe impulsar que o país non perda cultura, que non perda industria cultural e que non perda emprego no ámbito cultural”.
Neste senso, Gonzalo Caballero sinalou que o plan da Xunta para a reactivación cultural “non tivo nin a capacidade nin a dotación de recursos necesarios para afrontar unha crise da intensidade da actual” e, ademais, incorre na “equivocación” de mesturar cultura e turismo.
Fronte a iso, asegurou que o PSdeG traballará nesta lexislatura pola “reconstrución cultural de Galicia, para que esta pandemia non implique un retroceso da nosa industria e do noso sector cultural”.
“A política dos ERTE deu a posibilidade de subsistir a moitas destas industrias ata o momento, pero o Estatuto de autonomía de Galicia implica competencias para o goberno autonómico, e a Xunta ten que facer os deberes”, remachou o socialista.n