Fernández e Caldas, asesoras do Consello da Cultura Galega

As profesoras da Facultade de Belas Artes, Almudena Fernández Fariña e Mar Caldas, acaban de ser nomeadas asesoras do Consello da Cultura Galega en materia de creación e arte visual contemporánea, alongando a lista do profesorado da Universidade que ostenta esta responsabilidade noutras seccións do organismo cultural.

redacción. pontevedra universitasad@atlantico.net
Publicado: 22 nov 2012 - 17:13 Actualizado: 10 feb 2014 - 12:46
Fernández e Caldas
Fernández e Caldas

Foi a Comisión Executiva do Consello da Cultura Galega quen nomeou a Mar Caldas e a Almudena Fernández Fariña como membros da Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas.

Aínda que o nomeamento é a título persoal, cren que esta nova responsabilidade terá repercusións positivas para a facultade na que imparten clase. Entre as competencias da sección para a que colaboran están a de orientar e reflexionar sobre a creación e a artes visuais en Galicia, ademais de promover actuacións tales como conferencias, congresos, seminarios, exposicións, realización de informes, estudos e publicacións.

Contenido patrocinado

stats