A Deputación cita o compromiso coa grada de Gol nos logros dos cen días

O presidente Luis López, na súa comparecencia de onte valorando os cen días de goberno.
photo_camera O presidente Luis López, na súa comparecencia de onte valorando os cen días de goberno.

O presidente provincial, Luis López, valorou moi positivamente os primeiros meses ao fronte do organismo “lonxe do sectarismo”

A actual presidencia da Deputación de Pontevedra cumpre os cen primeiros días de goberno do Partido Popular. Onte, Luis López, o presidente, fixo unha valoración positiva, deste comenzo do mandato. Subliñou que “foron cen días de estar pegados á rúa, cen días dun goberno que demostra cada día ser o de todos, lonxe do sectarismo; e cen días de municipalismo”. Entre os logros reseñados, o presidente pon o foco no compromiso co proxecto da nova grada de Gol en Balaídos.

Valorou o esforzo de estar en máis de 270 actos nos que participaron os integrantes do seu goberno provincial, que dá unha media de tres e ata catro actos ao día; Luis López quixo contrarrestar “as opinións ou mesmo os insultos que levamos recibindo neste tempo con cifras e datos reais”. Afirma que a súa filosofía se basa en que  “Deputación de todos” porque nos últimos meses “o contacto en público e en privado cos alcaldes, con outras administracións, cos cidadáns na rúa e co tecido asociativo foi unha constante”.

No eido económico, nestes meses mobilizaron a través da Xunta de Goberno 18,5 millóns de euros. Unha cantidade da que, segundo o que declarou, o 70 % (12,6 millóns) recaeu directamente nos concellos. Por áreas, 1,8 millóns á programas para a mocidade, 1,8 millóns, ao deporte; 1 millón, ao medio ambiente; 410.000 euros, a programas de igualdade; 300.000 euros, a cultura; e máis de 250.000 euros, para o reto demográfico.

Luis López, no comunicado aos medios, amosouse especialmente orgulloso polas entrevistas persoais cos alcaldes de Pontevedra e Vilagarcía de Arousa, “ningún, por certo, do noso partido”, matizou. Considera que "comprimos e seguiremos cumprindo con converter aos concellos nos grandes protagonistas. Dirixímonos aos 61 para poñernos a súa disposición. Asemade sinalou o “novo rumbo ao Museo de Pontevedra e ao convento de Santa Clara, a concreción das transferencias do Pazo de Lourizán e a Escola de Cantería, os investimentos en Príncipe Felipe, as melloras na Estación Fitopatolóxica do Areeiro ou o novo Observatorio Turístico".

Te puede interesar