Atlántico

MARGARITA LEDO PRESENTA EN VIGO O SEU FILME “A CICATRIZ BRANCA” QUE SE ESTREA ESTE VENRES NOS MULTICINES NORTE

‘A cicatriz branca é un vals lento, unha viaxe ao interior’

Xornalista, catedrática de Comunicación Audiovisual e ex-decana da facultade de Xornalismo de Santiago de Compostela, Margarita Ledo (Castro de Rei, 1951) estrea este venres nos multicines Norte o seu último traballo, “A Cicatriz Branca”.
‘A cicatriz branca é un vals lento, unha viaxe ao interior’


Cal é a cicatriz branca?

É unha traza física, unha vivencia carnal dun trauma que lle da título.


Abrangue a situación das mulleres galegas que emigraban soas nos 50. Canto hai de realidade?

Ten un fondo baseado en experiencias que deron lugar a un documental paralelo, “Apuntamentos para un filme”. O resto é ficción rodado na paisaxe onde aconteceron os feitos.


O ritmo da película é lento, reflexivo. Marca un estado de ánimo?

Sempre digo que é como un vals lento. Ten moitos silencios nunha viaxe cara o interior das propias mulleres.


Que comparte a sociedade actual con este drama de hai 60 anos?

Agora súfreno moitas mulleres de do leste ou latinoamericanas. É un problema que segue vixente, que se ceba cun colectivo moi fráxil e sometido que non fala. O que queda é unha voz interiorizada que custa sacar.


Hai lugar para a esperanza?

É unha película con certa tensión interna, con un constante elemento en suspenso, pero tamén é optimista, porque se refan dun xeito vivo, recuperando o corpo e o desexo, enfrontándose á situación.


É unha aposta por facianas novas?

Fixemos un cásting para os dous adolescentes. Conforme escribía a protagonista vía a Eva Veiga e souben que tiña que arrisgar cunha non profesional. No caso de Xavier Deive, débese a un parecido físico.n