Chis Oliveira, recoñecida co Premio de Igualdade Ernestina Otero 2021
Vigo
O Consello municipal da Muller escolleu a Mercedes “Chis” Oliveira como a gañadora deste ano do Premio Igualdade Ernestina Otero. Doutora en Filosofía e Pedagoxía pola Universidade de Santiago e catedrática de Filosofía no IES Alexandre Bóveda ata o seu retiro, Chis recibiu onte a noticia “por completa sorpresa”, admitiu. “É un recoñecemento moi especial porque o elixen compañeiras da loita feminista”, afirmou Oliveira.
Chis é unha das activistas máis destacadas no ámbito da igualdade, cunha intensa labor nas aulas, sendo pioneira co “Comando Igualdade”, a asociación de mocidade galega feminista, hai xa 36 anos. “Ver que as familias recoñecen ese labor, que abre portas e facilita a comunicación dos pais cos fillos, é moi gratificante”, admitiu. Ademáis no ámbito intelectual conta cunha extensa lista de publicacións co perspectiva de xénero, que xa lle levaron a acadar outros recoñecementos. Viguesa Distinguida no 2017, tamén foi Premio Nacional de Educación e Sociedade a materiais didácticos de innovación educativa do Ministerio de Educación no 1995.
A entrega do Ernestina Otero a Chis Oliveira coincidirá co recoñecemento a María Xosé Porteiro, gañadora do premio no pasado ano que non se puido oficiar pola covid.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Día de las Fuerzas Armadas
Vigo se vuelca con el Día de las Fuerzas Armadas en un desfile sin espectáculo aéreo ni izado de bandera