Abre a inscripción de SalvaxeSons, o concurso de The Wild Fest
Os tres primeiros clasificados recibirán un premio en metálico de 1000 euros, 400 e 200 respectivamente
O festival multidisciplinar The Wild, como en edicións anteriores, programará concertos de bandas galegas e nacionais, proxeccións de cinema medioambiental e actividades infantís, ademais de zona gastro, mercadiño e propostas para coñecer a contorna.
O concurso de bandas SalvaxeSons II busca descubrir e impulsar novos talentos da música galega. A competición terá cinco finalistas que poderán tocar o sábado 31 de agosto no escenario principal de The Wild. Ademais, os tres primeiros clasificados recibirán un premio en metálico de 1000 euros, 400 e 200 respectivamente, e as dez bandas clasificados para os “duelos” terán acceso gratuíto a The Wild Fest durante toda a fin de semana.
Os gañadores escolleranse en tres fases.A primeira criba será realizada por un xurado a partir dos tres temas gravados que as bandas entreguen no momento de facer a inscrición. A segunda fase terá lugar durante o mes de maio nunha sala de Vigo ou arredores e realizarase en formato duelo por parellas. A final será o propio concerto en The Wild Fest, onde se decidirá ao gañador en directo.
Poden participar bandas e solistas de calquera estilo, coas únicas condicións de ter un membro galego e non ter máis de un disco editado. As inscricións están abertas e poden realizarse no email salvaxesons@thewildfest.com adxuntando información da banda e tres cancións. As bases poden consultarse na web oficial do festival.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Lotería de Navidad 2025
El Gordo de la Lotería de Navidad 2025 riega La Bañeza, otros dos pueblos leoneses y Madrid
Lotería de Navidad
Mapa de premios Lotería de Navidad 2025: ¿dónde ha tocado en España?