Día das Letras Galegas

17 cancións de artistas vigueses cos que gozar este Día das Letras Galegas

Artistas de Vigo e a súa contorna con cancións en galego.
photo_camera Artistas de Vigo e a súa contorna con cancións en galego.
Escoita esta selección de temas nos que o galego é protagonista de cancións de diferentes xéneros

Este 17 de maio conmemórase o Día das Letras Galegas. Trátase dunha data na que se reivindica o uso da lingua galega, presente en moitos ámbitos como o musical. Esta é unha pequena selección de artistas de Vigo e a súa contorna que empregaron o galego en cancións.

Fillas de Cassandra

O dúo Fillas de Cassandra formado por María Soa e Sara Faro é das maiores promesas da música en galego. As viguesas fusionan nos seus temas a tradición con ritmos actuais. A mitoloxía grega tamén está presente nos seus primeiros lanzamentos. 'Tataravoa' é unha das súas cancións máis populares e 'Quen é a que canta?' a súa última colaboración con Tanxugueiras. 

 

Wöyza

Wöyza comezou a súa carreira musical en Vigo no 2003. Co seu rap e as súas letras tanto en castelán como en galego chegou a actuar en Castrelos en 2022. Durante o concerto como teloneira de Hijos de la Ruina no que interpretou 'Campo Estrelado', sinxelo que publicou en 2022. 

 

Rebeliom do Inframundo

A banda viguesa Rebeliom do Inframundo destaca polas súas contribucións á música en galego desde o rap. Letras combativas que non deixan indiferente. Ademais dos seus traballos teñen colaboracións como 'Contra vento e marea' con Fillas de Cassandra (2024), 'Loitando cos demos' con Wöyza (2023) e 'Blaquinazo' con Hard GZ. Unión de forzas e combinación de estilos propios con marca 'da casa'.

 

Hard GZ

O rapeiro vigués Hard GZ conta con máis dun millón de oíntes en Spotify. Aínda que a maioría dos seus temas son en castelán fixo colaboracións en galego como 'Sangue' (2023) xunto a Tanxugueiras e Marcelus Airlinez e 'Chove' (2022) con Antiqua Deorum, canción que mestura castelán e galego.

 

Eladio y los Seres Queridos

O grupo vigués Eladio y los Seres Queridos considerou importante darlle ao galego un oco na súa discografía. A modo reivindicativo e de compromiso coa lingua publicaron un álbum titulado 'Cantares' (2016) con versións de cancións populares como 'Quen poidera namorala'. Tamén incluiron 'Non quero perderte', canción propia, no seu disco 'Están ustedes unidos' (2011).

 

High Paw

A viguesa High Paw móvese entre o reggae e o pop. Na súa discografía predominan as cancións en inglés aínda que tamén ten temas en galego como 'Lau Sau' (2023). Ademais colaborou con artistas como Ortiga, unión da que naceron cancións como 'Non hai quen me ature'.

 

Xisco Feijoó 

O vigués Xisco Feijoó reivindica a tradición galega pandeiro en man. O cantante e mestre da Etrad de Vigo comezou a súa andanza en solitario en 2021 coa publicación do seu álbum debut 'Peixe', que inclúe temas como 'Animal'.

 

Dakidarría 

A banda banda ska, reggae e punk-rock do Val Miñor Dakidarría emprega o galego nas súas cancións protesta. Temas urbanos e reivindicativos como 'A mocidade activa' e 'Terra', ambos publicados no 2011, que destacan na súa discografía. O seu último álbum é 'XX (en directo)', unha compilación de temas ao vivo publicada no 2024.

 

Xoana

Xoana é unha artista emerxente do Porriño que lanzou no 2018 o seu álbum debut titulado 'Dardos'. Apostou polo galego nas letras das cancións do seu primeiro disco. Temas pop como 'Espellos' e 'Aliado'.

Te puede interesar