Os colexios do Val Miñor celebran o Día da Discapacidade

Un momento da xuntanza e a “chocolatada” no pavillón de Panxón.
photo_camera Un momento da xuntanza e a “chocolatada” no pavillón de Panxón.
O acto dos 15 centros escolares incluíu a lectura dun manifesto, un contacontos e, finalmente, baile e chocolate

O Concello de Nigrán foi o epicentro da celebración do 'Día Internacional da Discapacidade' na comarca cunha gran chocolatada no Pavillón de Panxón á que acudiron preto de 900 escolares de 15 centros educativos do Miñor. Precisamente, esta data conmemorativa do 3 de decembro pospúxose a este luns para poder festexala, como é habitual, co alumnado, e a ela acudiron os representantes políticos de cada municipio, que tamén tiveron unhas verbas para as crianzas.

Un ano máis, o CEE Juan María, ubicado na parroquia de Parada, liderou a iniciativa. "Sodes o futuro, temos que ter empatía con todas as persoas, todos somos diferentes e iguais ao memo tempo. Todos temos o dereito a ser felices e a que nos respecten. Todos os días deberían ser o Día Internacional da Discapacidade ", considerou o alcalde de Nigrán, Juan González, anfitrión deste evento no que o Concello de Nigrán asumíu a organización da chocolatada e os autobuses de todos os centros educativos do municipio. 

"Celebramos y agradecemos que lo que antes parecía raro, difícil y lejano, hoy empieza a ser normal, fácil y accesible", sinalou Pepe na lectura do manifesto, a cargo de tres usuarios do CEE Juan María, mentras que Iago agradeceu "que cada vez es más fácil pasear por la calle sin que nadie se dé la vuelta extrañado al vernos" e que se lles dean oportunidades de participación na comunidade.

Finalmente, Cintia animou aos asistentes a que sigan dando "razones para celebrar y agradecer que cada vez vivamos en una sociedad más inclusiva, rica y diferente". "Somos “Diferentemente Iguales”, concluíu. A xornada incluíu o contacontos educativo 'Todos menos uno', a cargo de Xermola Cantos e Contos, e a posterior chocolatada para todos e baile.

Te puede interesar