El alcalde de Nigrán, de visita en Guinea Bissau

Juan González en Bissau.
photo_camera Juan González en Bissau.
A visita de Juan González finalizará o 25 de maio

O alcalde de Nigrán, Juan González, preside a delegación do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade que visita Guinea-Bissau para supervisar os proxectos apoiados no país lusófono en materia de saúde e obtención de auga potable. González, presidente desta entidade supramunicipal, acude xunto ao vicepresidente e edil de Cartelle, Daniel Fernández, e mais o vogal e alcalde de Cuntis, Manuel Campos, ademais dunha responsable técnica.

O obxectivo é aproveitar tamén para a fortalecer a colaboración goberno da Rexión de Cacheu, socio local nos cinco proxectos financiados cun total de 72.000 euros. A visita finalizará o 25 de maio, coincidindo co Día de África.

“Estamos colaborando cun dos países máis pobres do mundo, onde poboacións enteiras carecen de electricidade ou auga potable e a alimentación é precaria, desde o Fondo Galego estamos achegándonos ás poboacións máis remotas”, explica González, quen considera que “contextos de pobreza, desigualdade, guerras, catástrofes naturais, mobilidade humana forzada… requiren da cooperación internacional, como unha cuestión de xustiza global”.

Te puede interesar