UNIVERSIDAD

Reigosa anuncia a nova titulación da filoloxía galega para este ano

Manuel Reigosa e Aurora Marco.
photo_camera Manuel Reigosa e Aurora Marco.
 No peche dun acto, o reitor Manuel Reigosa trasladou a súa preocupación polo feito de que, nun momento no que a mocidade “ten un coñecemento do idioma galego que non se pode comparar co das xeracións precedentes”, o seu uso estea “a esmorecer” entre as novas xeracións. Fronte a iso, incidiu no papel que as “novas xeracións de creadores” poden xogar á hora de “atraer novos falantes”, á vez que resaltou o compromiso coa lingua da institución académica. 
Nese senso, lembrou que no presente curso “podemos subliñar con orgullo que temos xa tres titulacións que se imparten na práctica totalidade en galego”, máis aló dos graos nos que o propio idioma é obxecto de estudo. Reigosa destacou tamén a aposta “polo fortalecemento dos estudos de galego na nosa Facultade de Filoloxía e Tradución”, na que, engadiu, “esperemos que ao longo deste ano teñamos unha nova titulación na cal quede aínda máis claro que na Universidade de Vigo se pode estudar filoloxía galega”.
Así mesmo, anunciou tamén o propósito do equipo de goberno de “buscar incentivos e dalgún xeito un recoñecemento para que máis e máis docentes utilicen o galego nas nosas aulas”, unha idea que, engadiu, pendente de abordar nas mesas de negociación.

Te puede interesar