UNIVERSIDAD

Reencontro de titulados e alumnos do Máster en Enxeñaría Industrial

O representante de Boeing Research & Technology Europa.
photo_camera O representante de Boeing Research & Technology Europa.
n n nUn reencontro coas e cos antigos compañeiros e unha posibilidade de compartir experiencias co actual alumnado do Máster en Enxeñaría Industrial. Con esta filosofía celebrouse a segunda edición do MeiDay, as xornadas divulgativas entre tituladas e titulados e estudantado do Máster en Enxeñaría Industrial, que comezaron cun relatorio a cargo do director de Estratexia e Desenvolvemento de Negocio de Boeing Research & Technology –Europe, Eduardo Carrillo de Albornoz-Braojos, e á que seguiu unha sesión de intercambio de experiencias, que permitiu o fomento de contactos e futuras colaboracións.
A idea dos encontros MeiDay xurdiu o ano pasado dun grupo de estudantes da 3ª promoción do mestrado “e reforzámola desde a dirección da Escola coa estrutura de xornada formativa e social da nosa profesión”, explica a subdirectora de Xestión e Organización Docente, Ana Mejías. Despois que na primeira edición do MeiDay fosen protagonistas da ponencia inaugural os exalumnos que emprenderon proxectos empresariais, convertidos na actualidade en firmas industriais altamente competitivas, este ano foi o director de Estratexia e Desenvolvemento de Negocio de Boeing Research & Technology –Europe o encargado de ofrecer un relatorio titulado Estratexia e perfís profesionais para a innovación. A experiencia de Boeing Research & Technology –Europe.n
 

Te puede interesar