Podcast | Xustiza Social: cales son os principais desafíos sociais da sociedade nesta década?

Os investigadores da UVigo Brais Suárez, Carmen Verde e Iria Vázquez.
photo_camera Os investigadores da UVigo Brais Suárez, Carmen Verde e Iria Vázquez.
Os investigadores de UVigo Carmen Verde, Iria Vázquez e Brais Suárez elaboraron un Minidiccionario de Xustiza Social con 72 termos dirixido a alumnado da ESO, Bacharalato e FP

Co fin de conmemorar o Día Mundial da Xustiza Social, dende a Universidade de Vigo veñen de lanzar unha serie de actividades divulgativas. Unha acción que forma parte do plan de Ciencia de Ida e Volta, o programa anual de actividades 2023/2024 da Unidade de Cultura Científica e da Innovación, que conta co financiamento da FECYT.

Entre as propostas da UVigo para esta data atópase o Minidicionario de Xustiza Social. Dirixido a alumnado da ESO, Bacharelato e FP, pretende “contribuír a que o estudantado entenda os riscos, dinámicas e retos sociais actuais, ao tempo que pon en valor iniciativas, ferramentas e mecanismos de transformación social”.

 

A publicación está conformada por un total de 72 termos divididos en once capítulos segundo campos semánticos. Deste xeito, no glosario destácanse numerosos conceptos relevantes, curiosos ou novidosos para achegar e favorecer a reflexión sobre as distintas realidades sociais, así como algúns dos posicionamentos sociais existentes para afrontar os retos presentes e futuros da sociedade.

Hoxe acompáñannos no pódcast os tres investigadores que coordinaron este proxecto e contribuíron a materializalo e darlle vida. Os seus equipos de investigación contan con liñas de estudo sobre as desigualdades económicas, ecolóxicas, sociopolíticas ou de xénero, así como sobre o deseño de políticas sociais, a inclusión, a intervención ou a innovación social. Son Carmen Verde Diego e Iria Vázquez, ambas investigadoras do grupo GETS-IT; e Brais Suárez Eiroa, quen investiga no grupo Post-Growth Innovation Lab. Benvidos ao podcast.

Te puede interesar