UNIVERSIDAD

María Acale analizó a futura a reforma dos delitos contra a liberdade sexual

María Acale analizó a futura a reforma dos delitos contra a liberdade sexual

n n n A sentenza do caso da "Manada" da Audiencia Provincial de Navarra fixo que rúas e prazas de todo o Estado se enchesen de persoas amosando a súa disconformidade coa decisión xudicial que condenaba aos cinco acusados a nove anos de cárcere por un delito de abuso sexual. Así o lembraba a catedrática de Dereito Penal da Universidad de Cádiz, María Acale, no comezo do relatorio que onte ofreceu na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo. A consecuencia deste movemento social xurdiron tres iniciativas lexislativas. 
A Proposición de Ley de Protección Integral de la Libertad sexual y para la erradicación de las violencias sexistas; a Ley Orgánica 5/2018 de Reforma de la LO 6/1985, del Poder Judicial sobre medidas urgentes en aplicación del Pacto de Estado en Materia de Violencia de Género e, finalmente, o Anteproyecto de Ley Orgánica de modificación del Código Penal para la protección de la libertad sexual de las ciudadanas y los ciudadanos. Na elaboración da primeira delas, impulsada por Unidos Podemos, participou a propia catedrática Acale, que explicou que os dous proxectos están agora mesmo paralizados á espera da constitución do próximo Parlamento tras as eleccións. 
 A finalidade da futura reforma que atinxe aos delitos contra a liberdade sexual é reducir, minimizar ou evitar a revitimización e isto implica, segundo a catedrática da Universidad de Cádiz, a tres actores. Por unha banda, compromete ao lexislador, “que debe examinar se algo fallou para que un ordenamento igualitario teña parido unha sentenza como a da Audiencia Provincial da Navarra” sobre o caso da "Manada". 
Por outra banda, compromete ao poder xudicial, “que debe replantexarse a interpretación do dereito igualitario e sen prexuízos de xénero” e, finalmente, á sociedade, “que debe examinar a normalización da violencia sexual en determinados contextos”. n