Universidad

Unha ex alumna explica o seu traballo en Groenlandia

Universidad

UNIVERSIDAD

Unha ex alumna explica o seu traballo en Groenlandia

Adriana Nogueira-Gassent.
photo_cameraAdriana Nogueira-Gassent.

A comunidade universitaria tivo este xoves a oportunidade de coñecer de preto como é a experiencia de traballar nun lugar como Groenlandia, unha enorme illa situada entre os océanos do Atlántico norte e o Ártico, considerada territorio danés autónomo e na que  o 85% da súa superficie está cuberta por unha capa de xeo que nalgunhas zonas pode chegar a alcanzar os tres quilómetros de espesor.

Fíxoo da man da investigadora Adriana Nogueira-Gassent, ex alumna do programa de doutoramento DoMar en Ciencias Mariñas, Tecnoloxía e Xestión do Campus do Mar, e que na actualidade forma parte do Departamento de Pesca e Marisqueo do Instituto de Recursos Naturais deste país nórdico. Bióloga mariña de formación, Nogueira-Gassent regresou a Vigo convidada pola Agrupación Estratéxica Ecobas e o propio Campus do Mar e encargouse de presentala o profesor Manuel Varela.

Más en Universidad
Comentarios