UNIVERSIDAD

Campus do Mar recibe un premio pola loita contra plásticos mariños

Foto de familia dos premiados en Estremadura con Adenex 2018.
photo_camera Foto de familia dos premiados en Estremadura con Adenex 2018.
A Asociación para a Defensa da Natureza e os Recursos de Estremadura concedeu o Premio Adenex 2018 no apartado científico a esta iniciativa, que naceu co obxectivo de informar, alertar e sensibilizar á sociedade sobre o uso excesivo de plásticos e o impacto que este tipo de residuos teñen no medio mariño.
“Este premio supón un recoñecemento ao esforzo que o Campus do Mar fai para xerar retornos á sociedade aumentando o coñecemento que ten do medio mariño”, salienta Daniel Rey, director do Campus do Mar, quen recolleu o galardón en Plasencia acompañado do coordinador do proxecto, Jorge de los Bueis.
Con este galardón Adenex recoñece a importancia que ten para a Universidade de Vigo “o desenvolvemento de recursos para pór a disposición do público e dos profesionais da educación como iniciativa para conseguir que a sociedade coñeza unha problemática ambiental tan importante como a dos plásticos mariños e adopte hábitos máis sustentables”. No intre de recoller o premio, Daniel Rey agradeceu a colaboración no proxecto da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología del Ministerio de Economía e destacou a divulgación científica mariña como “unha ferramenta poderosa para conseguir que o coñecemento que xeramos nas universidades, e que non é propiedade nosa, chegue á sociedade e consiga sensibilizala e que haxa un cambio de hábitos”.
Recursos gráficos de alta calidade e cientificamente rigorosos
Un equipo multidisciplinar, formado por especialistas en Didáctica das Ciencias da Universidade de Vigo e do Instituto Español de Oceanografía converteu, en Oceans of Plastics os datos máis relevantes das investigacións sobre o impacto dos plásticos no eido mariño en recursos gráficos de alta calidade e cientificamente rigorosos dirixidos, tanto ao público xeral, como ao profesorado, para que aborde nas aulas a realidade do impacto dos plásticos nos océanos. n

Te puede interesar