Galicia prepara o Día de Rosalía co eixo central en Santiago e Padrón

Un grupo de colexiales no Día de Rosalía o ano pasado xunto a Valentín García, secretario de política linguística da Xunta.
photo_camera Un grupo de colexiales no Día de Rosalía o ano pasado xunto a Valentín García, secretario de política linguística da Xunta.
Haberá lecturas, Caldos de Gloria, alboradas e concertos, entre outras moitas actividades

Entidades e institucións celebran hoxe, 23 de febreiro, o Día de Rosalía con distintas actividades como lecturas, degustacións de Caldos de Gloria, alboradas e concertos en múltiples localidades de toda Galicia, aínda que os centrais terán lugar en Santiago de Compostela e Padrón.

Deste xeito, a Fundación Rosalía de Castro anima a todos os galegos a participar no Día de Rosalía cunha lectura dos textos da autora e a degustación dun Caldo de Gloria, así como uníndose á Alborada para Rosalía.

O acto central programado pola Fundación Rosalía de Castro terá lugar, como sempre, ás 12,00 horas no Hostal dos Reis Católicos. Haberá lectura de poemas rosalianos por parte de autoridades e representantes da cultura, e a actuación de Vos Carapaus, a cantante Faia e alumnos da Escola de Música de Santiago.

Antes, ás 11,00 horas, haberá Alborada cos Carapaus e ofrenda floral na Praza de Vigo, preto de onde naceu Rosalía en 1837. Todo empezará ás 10,00 horas en Padrón, coa lectura de poemas do alumnado do Instituto Camilo J. Cela de Padrón e do Macías o Namorado ante a Estatua de Rosalía.

Ao Caldo Gloria sumáronse máis de 400 locais de todo o país (hostaleiros, colexios, comedores de empresa, de residencias e centros de día) e repartíronse máis de 72.000 manteis da iniciativa, expandidos por toda a xeografía galega. 

Este ano, ademais, participarán varios centros galegos no exterior, como os de Donostia, Castelló, Burgos, Alacante e Valencia.

A Fundación Rosalía de Castro lembra que esta iniciativa xurdiu do poema “Miña casiña, meu lareira”  na que o poeta explica como facer un caldo humilde a partir da épica da supervivencia, diaria e doméstica, que protagoniza unha muller.  Empezou a realizarse con éxito en 2017, cun seguimento masivo en Padrón, e en 2018 xa se converteu nun evento seguido a nivel galego.

Te puede interesar