Xoán Carlos González: "A comunicación co Goberno está a ser inexistente"

Xoán Carlos segue loitando porlos dereitos da veciñanza de Redondela.
photo_camera Xoán Carlos segue loitando porlos dereitos da veciñanza de Redondela.
Xoán Carlos González, continua loitando polos dereitos dos redondelanos sen formar parte do goberno local

Tras o resultado das últimas eleccións municipais, celebradas en maio de 2023, o BNG foi unha peza crave para a formación de goberno no Redondela. A súa cabeza de lista e membro na oposición, Xoán Carlos González, continua loitando polos dereitos dos redondelanos sen formar parte do goberno local.

Por que motivo non entrou ao goberno de coalición e decidiu dar apoio a Digna Rivas?

Foi unha decisión asemblearia onde entendimos que Digna Rivas como alcaldesa era a opción máis positiva para Redondela. Despois de moito debate tomamos esa decisión, algo que corroborou todo o dito ao longo da campaña electoral. Da mesma forma decidimos non entrar ao goberno. Valoramos os proles e contras e consideramos que a  principal cuestión para o proxecto do BNG coa veciñanza é que necesitamos un maior número de apoios.

Que proxectos ten o BNG para Redondela? O BNG está en contacto con goberno local?

Hai varios elementos sobre os que pivotamos e non estamos nada contentos co goberno. É importante unha atención co benestar social dos veciños, unha xestión acertada dos recursos públicos, unha boa atención nas parroquias similar á dos núcleos urbanos así como núcleos urbanos máis humanizados e con servizos nas parroquias equiparables aos núcleos urbanos, insistindo no transporte intraparroquial.

Tamén quero destacar que, nestes momentos, a comunicación co  goberno está a ser practicamente inexistente. Desde o inicio do mandato tomamos a iniciativa para ter unha relación fluída, xa que os nosos votos son indispensables para que as iniciativas saian adiante. Actualmente hai ocasións onde nos decatamos de proxectos e iniciativas polos medios de comunicación e tamén vimos que algunhas propostas do BNG non se tiñan en conta.

A alcaldesa anunciou que, en breves, levará o PXOM a pleno. O BNG apoiará o plan?

Hai anuncios que se fan nos medios de comunicación que desde o noso punto de vista non son positivos e este é un deles. Desde que se anunciou o PXOM estamos a recibir chamadas dos veciños querendo coñecer os detalles do PXOM e isto demostra que é precipitado. A proposta de levar a pleno o Plan Xeral non pasou por comisión nin xunta de voceiros, nin sequera polo equipo de goberno. Non se pode actuar en base a anuncios. É unha irresponsabilidade.

O Bloque cuestionou a xestión da Bolsa Comedor pero o goberno local afirmou que a acusación era falsa porque aquelas persoas que cumprían cos requisitos recibiron a subvención. Está  de acordo con o devandito desde o Concello?

Nós na documentación que temos é que hai trinta nenos que teñen dereito ao comedor escolar e que quedaron sen axudas porque se esgotou a partida de 40.000 euros. Se hai posibilidades de cambiar isto e de que estes nenos reciban a axuda estupendo, pero non temos ningunha información oficial respecto diso. O BNG ten unha actitude de diálogo e colaboración pero ten que ser recíproca e non ten que ser imposta polo goberno local.

Cal é a postura do BNG sobre todo o asunto do transporte escolar?

Esta é unha moción que se aprobou polo PP e que xa contou co apoio do BNG xa que nela exponse iniciar conversacións coa Consellería da Xunta que é a responsable. Como isto xorde da problemática do transporte escolar cremos que a Xunta non pode escapar da responsabilidade. O BNG puxo como solución transitoria un servizo de taxis destinado aos alumnos de Bacharelato e Formación Profesional, que son os principais afectados. O SIMU hai que negocialo coa Xunta e esta ten que ofrecer un orzamento para que o gasto non repercuta aos fondos de Redondela.

Te puede interesar